O PSdeG-PSOE de Narón pon un autobús para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago

O PSdeG-PSOE de Narón leva tempo traballando coa Plataforma SOS Sanidade, en procura da mellora da Sanidade Pública, recollendo sinaturas a favor da Iniciativa Lexislativa Popular para recuperar e fortalecer a atención primaria, acudindo ás concentracións convocadas, etc.

E, por suposto, o este domingo 12 de febreiro acudirá á manifestación en defensa da sanidade pública que vai ter lugar en Santiago.

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Narón para facilitar a asistencia de aquelas persoas que desexen acudir á manifestación, decidiu contratar un autobús, que saíra este domingo ás 10 horas da mañá de diante da sede do PSdeG-PSOE de Narón (Estrada de Castela 278) e retornará ás 17 horas, chegando ás 18 horas a Narón.

Aquelas persoas que desexen asistir á manifestación poderán anotarse enviando un whatsApp a 698 153 936 ou escribindo un correo electrónico a
naron.c@agrupaciones.psoe.es.

Lea también

O BNG de Narón visita Lugo para integrar ideas de modelo de cidade no seu programa de goberno local 2027

Unha delegación do Consello Local do BNG de Narón, encabezada polo seu candidato á alcaldía, …