O Concello de Narón informa das novidades no pago de tributos delegados na Deputación

O pago de tributos delegados na Deputación Provincial da Coruña experimentará unha serie de novidades que afectan ó Imposto de Bens Inmobles, o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, o Imposto de Actividades Económicas e a Taxa de entrada de vehículos a través da vía pública.

Coa finalidade de facilitar ós contribuíntes o cumprimento das súas obrigas tributarias modifícase o procedemento do plan especial individualizado de pago dos recibos, que permite realízalo en tres ou dez meses o día 5 ou o inmediato hábil posterior dos meses de abril, xullo e outubro (no caso de pagar en tres mensualidades) ou de xaneiro a outubro (en dez mensualidades).

Dende a Deputación da Coruña indican que para acollerse á medida é preciso presentar una solicitude no modelo normalizado que se pode descargar da web da citada administración: www.dacoruna.gal e podendo realizala a través da OVT.

Tamén haberá que facilitar unha domiciliación bancaria, non ter débedas pendentes de pago en período executivo e facilitar un número de teléfono de contacto e unha dirección de correo electrónico.

Co fin de que a medida teña efectos nun exercizo a solicitude debe estar aprobada antes do 1 de xaneiro do mesmo, se ben no caso de entrar con posterioridade terá efectos para o exercicio seguinte, tal e como se especifica dende a administración provincial.

Para obter máis información pódese consultar a web da Deputación da Coruña, chamar ó número de teléfono de atención ó contribuínte: 900 132 204; enviar un fax ó citado departamento: 981 080 090 ou escribir un mail á dirección: atencion.tributaria@dacoruna.gal

Lea también

Lidl alcanza las 40 tiendas en Galicia con su nueva apertura en Narón

Lidl abrirá este viernes su primera tienda en la localidad coruñesa de Narón, estreno con …