O BNG de Narón denuncia a ausencia dos plegos para a licitación dos servizos da piscina municipal

O BNG de Narón a través dun comunicado expresa que «o Concello de Narón ten prometido ó cadro de persoal traballador no servizo de piscina unha nova licitación. Agora mesmo estase prorrogando con Serviplus, concesionaria actual, mes a mes e pagando partidas moito maiores do correspondente»

«Os traballadores fixeron folga polas condicións ás que os sometía Serviplus e, agora, reclaman que nos plegos se teñan en conta as subidas salariais».  O BNG de Narón «apoiou e apoia ás súas reivindicacións»

O BNG de Narón «denunciou no seu momento no concello a situación na que estaba o cadro de persoal que presta un servizo público no concello a través da concesionaria SERVIPLUS»

Desde a formación nacionalista non entenden como «un concello como o de Narón non aposte por unha contratación directa nun servizo onde mellorarían as condicións laborais das persoas traballadoras e abarataría os custes a medio prazo do servizo municipal».

Ademais, «esixe que se informe en tempo e forma dos plegos que se van presentar á oposición e ó cadro de persoal interesado para que se cumpra coas subidas que dicta o convenio»; asemade esíxenlles melloras á empresa que logre esta licitación «os concellos temos que prestar servizos públicos de calidade, en Narón a alcaldesa escúsase na pandemia para non facer determinadas cousas e vender propaganda pero a realidade é que estivemos sen piscina terapéutica, agora hai un ano de espera para poder ter unha praza nela e as condicións, isto é o máis grave, das e dos profesionais que fan un servizo excelente distan moito de ser as mellores»

«Nós poñemos unha solución enriba da mesa: que se valore unha contratación directa do servizo polo concello ou que os plegos, cando menos, se axusten á legalidade e sempre mirando para traballadores porque, se eles están en boas condicións, beneficiámonos tamén dun bo servizo todos» indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Se adxunta o audio de Olaia Ledo

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …