Ferrol artístico. Pintores e ilustradores do Arsenal, Porto e Ría

O Foro de Amigos de Ferrol (F.A.F.) continúa os seus traballos sobre a Historia Grande e Pequena de Ferrol. É de coñecemento xeral que a tradición artística e pictórica da cidade procede do bo traballo dos pintores, proxectistas e delineantes destinados desde o século XVIII no Arsenal de Ferrol, como dos profesores de debuxo da Academia de Guardiamarinas. Todo iso creou o caldo de cultivo para que proliferase unha abundante serie de pintores de xeracións posteriores.

Neste contexto débese resaltar o caso dos coñecidos como “pintores de los arsenales”, desprazados ou destinados en Ferrol a finais do século XVIII e comezos do XIX, como foi Juan Alonso y Canto. Nacido o ano 1769 no concello asturiano de Piloña, estudou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, da que logo foi nomeado profesor. Despois de permanecer durante vinte anos na Real Academia, Alonso y Canto trasladouse a Ferrol en abril de 1802, tras recibir el real nomeamento de Maestro Mayor de Pintura do Arsenal.

Durante su permanencia en Ferrol Juan Alonso y Canto foi o autor dunha variada obra gráfica incluíndo desde vistas do Estaleiro e a Fábrica de Moneda de Xubia ata o proxecto de catafalco para os caídos na batalla de Trafalgar. Casado con Josefina Esquivel, irmá do pintor y gravador Manuel Esquivel, tivo cinco fillos, entre eles José e Manuel Alonso Esquivel, pintores e gravadores, destinados no Arsenal e na Escola de Pilotos. Os dous irmáns destacaron como gravadores, reflectindo nas súas láminas e debuxos unhas coñecidas vistas do Arsenal de Ferrol.

O seu traballo máis importante consiste nunha serie de catro litografías de gran realismo, encargadas pola Armada e cuxos orixinais están gardados nas dependencias do Museo Naval de Ferrol, amosando unhas espléndidas e completas vistas de diversas instalacións do Arsenal e o Estaleiro de Ferrol, gravadas arredor do ano 1850. Nas láminas aparecen representados de forma detallada o Arsenal do Parque coa Sala de Armas e a Punta del Martillo, a dársena do Arsenal coa Machina de Arbolar, o Arsenal do Dique co edificio do Gran Tinglado e os Estaleiros de Esteiro coa Sala de Gálibos.

Vistas Arsenal de Ferrol. José e Manuel Alonso Esquivel

Os pintores da ría, do porto e do arsenal de Ferrol

Entre outros artistas que visitaron Ferrol da Ilustración e o Arsenal naval a finais do século XVIII e ao largo do século XIX, están os pintores españois Mariano Sánchez, Pedro Grolliez, Francisco Xavier Rovira e Bartolomé Galofre, que plasmaron na súa  obra diversas vistas panorámicas da cidade, as instalacións da base naval e súa su ría.

Este tipo de pintura descritiva estaba de moda nunha época na que había un bo número de artistas interesados nas vistas e paisaxes das cidades e lugares visitados.

O pintor valenciano Mariano Sánchez (1740-1822), alumno da Academia de Bellas Artes de Madrid, por encargo real, o ano 1794 realizou un largo percorrido polo norte de España, visitando Ferrol entre os meses de marzo e maio, onde pintou un conxunto de tres artísticas e axustadas pinturas ao óleo do Arsenal ferrolán, nas que aparecen a dársena, as instalacións e os buques, se non tamén diversas escenas das persoas que alí traballando. Estas obras atópanse hoxe en salas dos Palacios da Moncloa e do Pardo en Madrid.

O pintor e enxeñeiro militar de orixe francesa Pedro Grolliez de Servier (1750-1814), tamén por encargo estatal, viaxou por diversos portos nacionais entre os meses de maio de 1782 e outubro de 1785, realizando unha serie de 33 pinturas á acuarela dos mesmos. En Ferrol levou a cabo varias panorámicas da cidade e do arsenal vistosdesde o interior da ría, captando con minuciosidade unha serie de detalles de edificios, buques e mesmo persoas Estes cadros están expostos no Museo Lázaro Galdeano de Madrid.

O mariño especialista en artillería e escritor madrileño Francisco Xavier Rovira (1740- 1823) foi o autor de una multicolor acuarela, datada cara ao ano 1800, que hoxe se atopa exposta no Museo Naval de Madrid. Trátase dunha ampla panorámica onde aparece con gran detalle o porto militar de Ferrol, aparecendo tanto a cidade e os seus barrios como varios buques navegando, todo iso complementado cunha serie de notas explicativas na parte baixa.


O pintor e ilustrador catalán Bartolomé Galofre Giménez (1849-1902) estudou na Academia Española de Roma, dedicándose posteriormente á pintura de xénero en Madrid e Barcelona, tendo su abundante obra repartida por diversos museo nacionais. Percorreu a costa galega e asturiana pintando diversos paisaxes mariñeiros, entre eles una vista do porto e arsenal de Ferrol desde a outra banda da ría.

A revista madrileña “La Ilustración Española y Americana”, publicación onde aparecían multitude de ilustracións mostrando vistas de diversas localidades, o ano 1842 publicou un amplo e coñecido gravado da cidade de Ferrol, arrodeada das murallas defensivas, destacando en primeiro plano o Arsenal Militar e o Estaleiro de Esteiro.

A este conxunto de pintores e debuxantes de Ferrol, e seu porto e ría, o seu arsenal e estaleiro, habería que engadir unha serie de cosmógrafos e xeógrafos de séculos anteriores que elaboraron unha serie de mapas e ilustracións de Ferrol y su ría. Os investigadores Alfredo Vigo, Juan A. Rodríguez Villasante, Granados Loureda, Jaime Antón e Alejandro Anca, así como estudosos da Fundación Ferrol Metrópoli, trataron en varios traballos das obras destes e outros artistas.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …