Cortes no subministro de auga o vindeiro luns na Gándara, Narón

O concelleiro de Servizos do Concello de Narón, Ibán Santalla, anunciou que o vindeiro luns, día 26, se rexistrarán cortes no subministro de auga na avenida do Mar e na rúa do Pavillón, na Gándara, entre as 8.00 e as 22.00 horas.

A medida responde á necesidade de realizar labores de reparación na rede de abastecemento, unha tarefa que acometerán operarios da empresa mixta Cosma.

Dende o Consistorio e a empresa solicítanse de antemán desculpas polas posibles molestias que se poidan ocasionar.

Lea también

As entidades de Narón teñen ata o 26 de outubro para pedir as subvencións municipais

Poden solicitar a axuda a partir deste luns 5 de outubro a través da sede …