O Concello de Narón abrirá o vindeiro luns, día 26, o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña (UDC), no Campus da Coruña, durante o curso académico 2022-2023.
As subvencións cubren o 50% do bonobús para el traslado diario dos universitarios ao campus da UDC e poderán solicitarse ata o 7 de outubro (incluído), tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.
A edil naronesa indicou que a partida global do Concello para estas subvencións ronda os 14.000 euros. As tramitacións realízanse a través do Rexistro municipal, de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas, a través do modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar, ó igual que a través doutros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os solicitantes deben estar empadroados no Concello de Narón, matriculados na UDC e non superar os umbrais de renda establecidos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entre outros requisitos.
Para máis información pódese consultar a convocatoria do Boletín Oficial da Provincia ou a páxina web do Concello: www.naron.es