Este domingo o Pazo da Cultura de Narón acolle a obra “Catro”

O Pazo da Cultura de Narón retoma a súa programación este domingo, día 25 de setembro, cunha proposta dirixida a público familiar.

A obra “Catro”, de Caramuxo Teatro e protagonizada por Laura Sarasola, poderá verse no Café Teatro do Pazo a partir das 18.00 horas

As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas na web do Padroado da Cultura, www.padroadodecultura.es ou no despacho de billetes do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos.

A peza “Catro” é a nova proposta da compañía Caramuxo Teatro, unha obra visual na que as formas, as texturas, o son e o movemento están moi presentes durante o tempo da representación.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …