A Escola Galega de Consumo ofrece unha charla sobre “A factura da luz”

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Venres de consumo responde”.

O tema a abordar este venres, día 23 de setembro, ás 12.30 horas, será “A factura da luz”, na que se informará sobre o consumo e os dereitos dos consumidores.

Todas aquelas persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto que indica “Venres de consumo”.  

Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma. No caso de non dispoñer de Webex instalado haberá que acceder premendo en “Únase dende o navegador”

Lea también

Axenda en Narón do 23 ao 25 de maio de 2025

Venres 23 de maio de 2025 Actividade: 37 Rally Cidade de Narón; Lugar: San Xiao …