Apertura en Narón da inscrición na actividade “A Biblioteca ideal”

A Biblioteca municipal de Narón abrirá o vindeiro martes día 27, ás 16.00 horas, o prazo de inscrición na actividade «A biblioteca ideal», que se desenvolverá o 1 de outubro ás 10.30 horas nas citadas instalacións.

A concelleira responsable da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que con esta proposta se inaugurarán os actos conmemorativos do Día Internacional das bibliotecas. “Esta primeira iniciativa consistirá nun obradoiro a cargo da compañía Os náufragos teatro, no que os nenos e nenas participantes poderán imaxinar como sería a biblioteca dos seus soños”, explicou a concelleira.

As actividades que debería ter esa biblioteca ideal, se sería ó aire libre, espacial… todas as ideas que se propoñan no transcurso da actividade quedarán plasmadas nun libro que elaborarán entre todas e todos os participantes, coa esperanza de que algún día quizáis sexa posible realizar algunhas desas propostas imaxinarias.

A actividade está pensada para menores que teñan cumpridos tres anos e co carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. Os menores deberán estar acompañados por unha persoa adulta, que poderá participar tamén na proposta, concebida de xeito familiar.

As persoas interesadas en acudir poden anotarse de xeito presencial na Biblioteca do Alto ou chamando no horario de apertura ao teléfono 981 382 173. Taibo recordou que a actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no marco do programa Ler conta moito

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …