Romero sae ó paso das declacións do BNG de Narón: «todos os camións e equipos do servizo de bombeiros están operativos»

O concelleiro de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero, saíu ó paso das declaracións realizadas pola edil do BNG na cidade de Narón sobre a situación do servizo de bombeiros.

Romero asegurou que “os camións de bombeiros do Speis están operativos ao cen por cento e inevitablemente en ocasións teñen avarías que se comunican e se solventan á maior brevidade posible”.

En canto ás avarías recollidas no documento asinado o 2 de setembro por un responsable do Speis, o edil naronés aclarou que “os días 31 de agosto, o 1 e o propio 2 de setembro, un operario do sector mecánico estaba reparando e realizando unha revisión de mantemento do vehículo indicado, tal e como consta no albarán e factura dos traballos”.

Así mesmo, o concelleiro apuntou que “no polígono das Lagoas había onde coller auga, rompeu unha das bocas en plenos traballos de extinción do lume e procedeuse a traer de fóra os medios necesarios debido ás dimensións do suceso”. Ó respecto, agradeceu a implicación de todo o persoal que colaborou “para evitar danos maiores”, tanto dos servizos municipais como procedentes doutros concellos de dentro e fóra da comarca, así como de empresarios da zona.

Romero subliñou que “dende o goberno local estamos moi pendentes de que tódolos traballadores municipais poidan realizar o seu traballo en condicións óptimas de seguridade e así continuaremos traballando”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …