O BNG considera necesario rectificar a xestión económica do Concello de Ferrol

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, puxo hoxe de relevo «a necesidade de rectificar a xestión pública dos fondos municipais desenvolvida ao longo dos últimos anos.«

O BNG á luz do informe de control financieiro do ano 2021 do Concello de Ferrol «evidenciase a tendencia a incrementar o gasto en contratacións irregulares favorecendo ás grandes empresas que prestan servizos na cidade sen contrato e ofrecendo un servizo cada vez máis precario e onde os traballadores e traballadoras son os grandes damnificados.«

Neste informe constatase que o Concello de Ferrol aboou durante o ano 2021, 9,99 millóns de euros en facturas sen contrato superando os 9 millóns abonados o 2020 «e demostrando que no canto de atallar esta problemática cada vez se fai máis preocupante.«

Iván Rivas sinala que a experiencia acumulada nos últimos anos, «onde a privatización de servizos públicos tivo como consecuencia o empeoramento do servizos e a precarización das condicións laborais, deixa claro que a alternativa debe pasar pola xestión pública destes para poder mellorar o servizo e xerar emprego

Por outra parte, o mesmo informe reflicte como as subvencións nominativas «continúan a incrementar o seu importe mentres se reducen as de concorrencia competitiva impedindo a participación en igualdade de todas as asociacións e colectivos da cidade.«

O propio informe «recoñece a contradición que supón o feito de que para participar das subvencións de concorrencia cada vez se exixen máis requisitos ás asociacións mentres que para as subvencións nominativas asignadas de maneira discrecional polo goberno e sen xustificar os importes os criterios son cada vez menos claros e obxectivos.«

Na área de deportes os recursos destinados a subvencións de concorrencia «limitaronse a, escasamente, 159.560 euros mentres que as nominativas alcanzaron a cifra de 766.500 euros.» Do mesmo xeito, na área de cultura «os 107.500 euros das subvencións de concorrencia contrastan cos escasos 17.807 euros destinados a subvencións de concorrencia.«

O BNG leva tempo reivindicando a elaboración dunhas únicas bases transparentes e claras ás que poidan acudir todas as asociacións e colectivos da cidade e así asignar de xeito ecuánime os fondos públicos evitando a política clientelar desenvolvida ao longo dos últimos anos.

Por último, os datos do informe de control financeiro do ano 2021 «poñen de relevo a total complacencia dun goberno que non só non actúa para resolver os problemas da cidade senón que os fomenta coa súa inactividade e deixadez.«

Así pois, a concesión do centro deportivo de A Malata «leva sen contrato desde o ano 2019, mentres continuamos a aboar os custes de electricidade desta instalación que xa superan os 160.000 euros» e empresas como Urbaser «dificultan a labor de control dos traballos que desenvolven mentres o goberno local incumpre as súas obrigas e o acordo adoptado co BNG para reclamarlle a devolución dos importes correspondentes á facturación de anos anteriores que lle corresponden ao Concello produto dos beneficios acadados pola empresa

Por todas estas razóns, desde o BNG consideran fundamental «desenvolver unha xestión dos fondos públicos transparente, ecuánime e onde a prioridade sexa prestar os mellores servizos á cidadanía, xerando emprego no canto de alimentar a xestión privada das obrigas municipais en termos cada vez máis cuestionables.«

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …