O Pazo da Cultura acollerá este venres, 16 de setembro, unha mesa redonda e un coloquio sobre “A nova canción galega ó redor do 72” unha cita organizada polas asociacións culturais Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán e na que colabora o Concello de Narón.
A convocatoria, con entrada libre, terá lugar no Café Teatro a partir das 19.30 horas. A presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz, será a encargada de presentar o evento, no que participarán Vicente Araguas, cofundador de Voces Ceibes; Sheila Fernández, historiadora e investigadora da canción protesta galega, e Xoán Rubia, cantautor e membro da Nova Canción Galega.
A actividade, tal e como indican dende a organización, terá unha parte musical e enmárcase nos actos do Cincuentenario do 10 de Marzo do 72 que se desenvolverán ó longo deste ano.