A Ludoteca municipal da Solaina, Narón, remata a programación estival

Unha vintena de menores asistiron durante este mes de xullo ás actividades programadas na Ludoteca municipal da Solaina.

A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, desprazouse este venres, día 29 de xullo, ás instalacións para conversar cos nenos que acudiron na última das xornadas, na que os menores se despediron ata o vindeiro mes de setembro, cando retomará a súa actividade habitual.

Taibo felicitou ós rapaces que lle contaron parte do traballo realizado durante estes días e tamén a visita que o pasado mércores realizaron á Casa do Mel, en As Pontes, na que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o mundo das abellas e degustar varios tipos de mel.

Así mesmo, durante este mes realizaron tarefas de pintura e manualidades cunha temática común, coñecer as diferentes culturas do mundo. Exipto, México, Grecia.. foron algúns dos países que centraron as propostas que levaron a cabo na Ludoteca, donde non faltaron as pirámides, a tecedura e o teatro, entre outras actividades.

Os nenos, de entre 3 e 12 anos, dividíronse en dous grupos, de 3 a 6 e de 7 a 12 para levar a cabo as diferentes propostas según a súa idade. A Ludoteca municipal da Solaina abriu este mes as súas portas de 10.00 a 14.00 horas.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …