Venres 15 de xullo de 2022
Actividade: “Mercado Medieval de Narón” Hora: De 11.00 a 15.00 e de 19.00 a 00.00 Lugar: Parque de Freixeiro
Un centenar de postos de venda de diferentes produtos artesáns, gastronómicos, téxtis… abren as súas portas ó longo da mañá e da tarde. Sucederanse varios espectáculos e propostas dirixidas a persoas de todas as idades, con música, teatro e obradoiros para nenos.
Actividade: “Experiencia Gourmet Pemento do Couto” Hora: 19.00 Lugar: Centro Cívico Social do Couto
O chef Daniel López, do restaurante “O Camiño do Inglés” realizará unha serie de elaboracións co pemento do Couto como ingrediente principal e explicará aos asistentes unha serie de propostas para desestacionalizar o pemento do Couto. Capacidade para 50 persoas.
Actividade: “Cine ó aire libre” Hora: 22.30 Lugar: Praza de Galicia
O Padroado da Cultura organiza unha nova sesión de cine ó aire libre, con entrada de balde e que nesta ocasión consiste na proxección da película “Las brujas”, de Roald Dahl. A Deputación da Coruña colabora un ano máis neste ciclo.
Sábado 16 de xullo de 2022
Actividade: “Mercado Medieval de Narón” Hora: De 11.00 a 15.00 e de 19.00 a 00.15 horas Lugar: Parque de Freixeiro
Actividade: “A volta a Galicia en 313 concellos” Hora: Pases ás 11.00, 12.00 e 13.00 e pola tarde ás 19.00, 20.00 e 21.00 horas Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social do Val
O Mago Antón regresa a Narón co seu espectáculo, dirixido a público familiar e que ten lugar dentro dun particular escenario habilitado nun vehículo. A entrada é de balde.
Actividade: “XV Torneo de Golf Cidade de Narón” Hora: A partir das 15.30 horas Lugar: Club de Golf Campomar (O Val)
As instalacións do Club de Golf Campomar organizan unha nova edición deste torneo, impulsado polo Concello e o citado club de golf. Participarán un centenar de persoas de diferentes clubs de Galicia e mesmo doutras comunidades.
Actividade: “XXXI Festival Internacional de Folclore” Hora: 21.00 Lugar: Parque de Freixeiro
O Concello organiza a través do Padroado da Cultura esta proposta musical, na que actuarán a Banda de Gaitas e o Grupo de Baile Tradicional “Alxibeira”, do Padroado da Cultura de Narón e tamén o Grupo Folclórico Guarionex, de Porto Rico, o Grupo de Bailes Folclóricos Sörbö, de Costa Rica e a Compañía de Danza Independiente Fusión Folklórica de México. A entrada é de balde.
Actividade: “Noite no mosteiro” Hora: 23.00 Lugar: Inmediacións do mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto)
O Concello convoca esta proposta, que inclúe un concerto de música sacra no interior do cenobio, con tres pases e acceso de balde. O aforo estará limitado á capacidade do espazo.
Domingo 17 de xullo de 2022
Actividade: “Mercado Medieval de Narón” Hora: De 11.00 a 15.00 e de 19.00 a 23.00 horas Lugar: Parque de Freixeiro
Actividade: “XXII Festa Gastronómica do Pemento do Couto” Hora: A partir das 13.00 Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social do Couto
O Concello organiza o evento coa Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, a Cooperativa do Val e a AVV do Val. O actor Suso Martínez realizará unha declamación musicalizada do pregón xunto a Manuel de Felisa ás 13.00 horas e sobre as 14.00 os asistentes dirixiranse á zona da carballeira para degustar un menú co pemento do Couto como protagonista. Os tíckets están á venda na Cooperativa do Val (oficinas do Val) e no Centro Cívico Social do Couto.