Mércores 15 de xuño de 2022
Actividade: “Un bico para Alí” Hora: 18.00 Lugar: Centro Cívico Social do Alto
Trátase dunha proposta de narración oral e cancións apoiadas por ilustración a cargo de Bolboreta Fabaloba, dirixida a menores de 3 a 6 anos. A actividade forma parte do programa Apego, de socialización de nenos en galego, e impúlsase a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Actividade: Presentación do poemario “Terra e mar” Hora: 19.00 Lugar: Biblioteca municipal
O naronés Manuel Cendán presenta en Narón seu último libro nun acto no que estará acompañado, entre outros, pola edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo.
Venres 17 de xuño de 2022
Actividade: “Feira do Motor de Narón” Hora: de 10.00 a 20.00 Lugar: Estacionamento de camións do polígono de Río do Pozo
O Concello organiza unha nova edición deste evento, no que participarán varios concesionarios da zona e se poderán ver uns 200 vehículos novos, de ocasión, quilómetro cero…
Actividade: “Feira do Libro e da Artesanía” Hora: de 11.00 a 21.00 Lugar: Parque de Freixeiro
O Concello organiza a convocaotira en colaboración coa Asociación de Libreiros de Ferrolterra e a Asociación Camiño da Artesanía. Haberá sinaturas de libros de varios autores durantes as tres xornadas e tamén obradoiros de artesanía dirixidos á cidadanía en xeral.
Actividade: “Xornada de produtos pesqueiros innovadores” Hora: 19.00 Lugar: Fundación Terra de Trasancos (O Val)
O Concello organiza este evento, enmarcado no programa “Narón emprende en azul” e que terá unha parte informativa e outra para degustar sushi e sashimi.
Actividade: Documental “El viaje de Carla” Hora: 19.00 Lugar: Auditorio municipal (Praza de Galicia)
O Concello e Alas Coruña organizan a proxección deste documental, sobre a vida da activista LGTBI Carla Antonelli, protagonista da historia e que participará no coloquio que se celebrará trala proxección. A entrada é de balde ata completar a capacidade do Auditorio.
Sábado 18 de xuño de 2022
Actividade: “Xornada formativa apícola” e «Charla-Obradoiro sobre técnicas de control da vespa velutina» Hora: de 10.00 a 13.30 Lugar: Centro Cívico Social de Sedes
A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura organiza esta convocatoria, que require inscrición previa e que impartirán profesionais en apicultura. O Concello e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, de Sedes, colaboran na actividade.
Actividade: “Feira do Motor de Narón” Hora: de 10.00 a 20.00 Lugar: Estacionamento de camións do polígono de Río do Pozo
Actividade: “Xornada de Tai-chi” Hora: 11.00 Lugar: Parque de Freixeiro
O Concello e a Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica organizan este evento, en cuxa participación terán preferencia persoas diagnosticadas destas doenzas. Un profesional impartirá a sesión a un máximo de quince persoas e adaptada ó colectivo.
Actividade: “Feira do Libro e da Artesanía” Hora: de 11.00 a 21.00 Lugar: Parque de Freixeiro
Actividade: “As algas diversificando o sector pesqueiro” Hora: 12.00 Lugar: Centro Cívico Social de Piñeiros
O Concello organiza ese obradoiro, enmarcado no programa “Narón emprende en azul” e dunha duración aproximada de dúas horas. Unha profesional nesta temática impartirá a sesión, cunha parte teórica e outra de carácter práctico.
Actividade: “Recreación das Lendas da Pena Molexa” Hora: dende as 18.00 Lugar: Lugar de Vilasuso (O Val)
O acto central das Lendas da Pena Molexa celebrarase no lugar de Vilasuso, no Val e nas inmediacións da propia Pena Molexa, na citada parroquia. O programa inclúe xogos populares a partir das 18.00 e, a continuación, unha churrascada popular, concertos e a recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa ás 00.00 horas.
Domingo 12 de xuño de 2022
Actividade: “Feira do Motor de Narón” Hora: de 10.00 a 20.00 Lugar: Estacionamento de camións do polígono de Río do Pozo
Actividade: “Feira do Libro e da Artesanía” Hora: de 11.00 a 20.30 Lugar: Parque de Freixeiro