Debate sobre a educación viaria do futuro no Pazo da Cultura de Narón

Un total de sete importantes especialistas en temas de educación viaria exporán a súa visión sobre como os procesos educativos poden contribuír á nova mobilidade, especialmente á vista dos plans de incorporación desta disciplina ó sistema educativo convencional.

Será o xoves 19 de maio, ás 18.30 horas no Pazo da Cultura, no marco do “III Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria de Narón”, que se celebrará os días 19 e 20 de maio no Pazo. As mesas deste evento serán abertas, co que o público asistente terá a oportunidade de participar no debate, tal e como apuntou o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero.

A relevancia deste debate sobre “Novas metodoloxías de educación para a boa mobilidade” cobra maior interese no momento en que está a decidirse cal é a orientación dos plans educativos relacionados coa futura materia de educación viaria, sexa cal for o posicionamento da mesma no sistema educativo xeneral.

Por este motivo, dende a organización apostouse por afondar en temas como os novos modos de concebir e deseñar as cidades nas que vivimos, os novos medios de mobilidade persoal ou o papel da educación, sempre atendendo ó panorama internacional.

O dilema reside en que os seus contidos estean relacionados coa concepción cochecentrista, moi estendida na actualidade, ou se abarquen desde a perspectiva do ecosistema da nova mobilidade, centrada na calidade do espazo público e o papel das persoas na cidade, na que o coche é só un dos actores e non precisamente o principal.

“Os dous novos cambios que se levaron a cabo na Lomloe, cunha ampliación de contidos sobre educación viaria, que será obrigatoria en educación Infantil, Primaria e Secundaria o vindeiro curso escolar, ofrecerase a través deste congreso unha gran oportunidade para ampliar coñecementos sobre o desenvolvemento do citado Real Decreto”, apuntou Romero.

Actuará como facilitador do congreso o subdirector adxunto de Ordenación Académica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, Octavio Moreno, encargado de expoñer a visión principal da citada mesa.

No coloquio posterior, moderado polo profesor de Secundaria Constantino Fuentes, participarán a asesora pedagóxica da Unidade de Intervención Educativa da DXT, Raquel Navas; a vicepresidenta do Consello Xeral de Educación Física e Deportiva, Mónica Aznar; o coordinador en Galicia da AESLEME Juan Antonio Gutiérrez; o mestre e membro de Teachers for Future José Emilio Pérez Sevilla e a profesora de mobilidade escolar sustentable e segura do IES As Telleiras de Narón, Aurora Romar Gasalla.

As persoas interesadas en inscribirse, de balde, deben facelo a través da web: congresonaron.gal, donde ademais se pode consultar toda a información deste congreso.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …