Un novo grupo de escolares, neste caso de sexto curso de educación Infantil do colexio Virxe do Mar, desprazouse este martes ó Concello de Narón con motivo das actividades proxectadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de “Coñecemento do Concello”
Os menores, acompañados por docentes do citado centro de ensino, visitaron varias dependencias municipais e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos.
Os escolares ocuparon os asientos dos concelleiros da corporación local no salón de plenos e interesáronse ante Ferreiro por cuestións como canto tempo leva á fronte da alcaldía da cidade, que se sinte ao ser a primeira alcaldesa de Narón, o máis difícil que tivo que facer no seu cargo e o seu proxecto soñado no Concello. A alcaldesa respostou ás preguntas e animounos a facerlle máis preguntas e mesmo a proponer suxestións para levar a cabo na cidade.
Os rapaces visionaron no salón de plenos o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade, as parroquias… e quixeron aproveitar a ocasión, antes de abandoar o Concello e regresar á aula, para fotografiarse coa rexedora local e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañan ós escolares durante a visita, que se realiza por primeiro ano de xeito teatralizado.
As visitas deste programa continuarán desenvolvéndose este mes, concretamente os días 24 e 31 con alumnado do CEIP A Solaina