III Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria de Narón

As mobilidades alternativas e a súa relación coa seguridade viaria estarán presentes na segunda Mesa temática do terceiro Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria, que se celebrará en Narón os días 19 e 20 de maio.

Actuará de facilitadora a subdirectora xeral de Formación e Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, María José Aparicio, e terá lugar o xoves 19 ás 16.00 horas, tal e como recordou o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero.

Bicicletas e vehículos de mobilidade persoal protagonizarán esta área de debate, en relación á súa inserción nos sistemas de mobilidade urbanos e interurbanos e as cuestións de seguridade que expón o actual incremento deste tipo de vehículos nas rúas das nosas cidades.

Asuntos como a coexistencia destes vehículos, por unha banda cos tráficos motorizados e por outra cos peonís, poranse enriba da mesa para valorar asuntos como o acougado de tráfico a motor, a diminución do número de coches nas contornas urbanas, a convivencia entre tráficos motorizados e non motorizados ou a segregación do espazo nos lugares nos que sexa convinte ou posible, son temas que sobrevoan esta temática relacionada coas novas perspectivas da mobilidade urbana.

Por outra banda, a versatilidade destes vehículos para circular por espazos peonís convírtenos nun potencial perigo para certas persoas usuarias das beirarrúas, que ven medrar o seu medo para levar unha vida independente a pesar da súa idade ou condición física.

En xeral, a inmensa maioría das persoas usuarias cumpren as normas con rigor e responsabilidade, pero un escaso número de condutores de bicis ou vehículos de mobilidade persoal crean situacións de incomodidade ás persoas que camiñan.

Ademais, o constante incremento dos espazos urbanos con coexistencia de usos e prioridade peonil (rúas con plataformas únicas, sen lugares de aparcamento e con únicamente o tráfico a motor necesario) xera unha nova forma de utilizar estes vehículos. As normativas municipais máis avanzadas permiten a bicis e vehículos de mobilidade persoal circular por este tipo de rúas, e establecen que deben ir a velocidade do peón e como máximo a 10 quilómetros por hora, respectando en todo momento a prioridade das persoas que camiñan e sen molestalas na súa traxectoria.

O coloquio estará moderado polo secretario xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado Fernández-Canteli e nel participarán José Ignacio Lijarcio Cárcere, do Grupo de Investigación FACTHUM- lab, do Instituto de Tráfico da Universidade de Valencia e director de Proxectos da Fundación Española para a Seguridade viaria (FESVIAL); Concepción Blocona Santos, técnica de rehabilitación da ONCE; Enrique Lorca Sánchez, presidente da Confederación Nacional de Autoescolas e Jeanne Picard Mahaut, delegada en Galicia de Stop Accidentes.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …