O BNG propón que Ferrol solicite fondos do programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol propón ao goberno municipal tres actuacións para participar na convocatoria de axudas do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de entidades locais (Pirep Local) no marco da convocatoria de axudas que o goberno central desenvolve no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, sinala que a cidade de Ferrol «non pode deixar pasar esta oportunidade de optar a unhas axudas que contribuirían á recuperación do amplo parque de edificios públicos que ten a nosa cidade, mellorando a renovación enerxética dos mesmos procurando a sostenibilidade ambiental dos mesmos, a accesibilidade física, cognitiva ou sensorial«. A falta de cinco días para que remate o prazo de presentación de solicitudes para a primeira das liñas subvencionables (25 de abril) o goberno de Ángel Mato «non ten informado se fixo algunha proposta para acceder a uns fondos que poderían chegar aos 6 millóns de euros.«

O portavoz considera que o goberno municipal, «unha vez máis, non actúa coa previsión necesaria e vai perder a oportunidade de contar con fondos públicos para mellorar os edificios públicos da cidade tan necesitados de investimentos e que supón investir no conxunto da veciñanza da Ferrol.«

O plan permite aos concellos de máis de 50.000 habitantes desenvolver dúas solicitudes dentro da liña 1, «destinada a reducir un 30€ o consumos de enerxía non renovable nos edificios públicos

Listado de actuacións

Iván Rivas sinala que o estado do parque de edificios públicos da cidade que precisarían renovar as súas instalacións e que poderían optar a estas axudas «é tremendamente amplo, polo que parece incríbel que o goberno municipal non tivera reparado nisto.» Así mesmo a participación nesta convocatoria «debe formar parte dunha estratexia municipal baseada na recuperación do patrimonio municipal.«

O BNG considera que o goberno local «debería aproveitar estas axudas para solicitar fondos para completar a rehabilitación do edificio do Antigo Hospicio mediante a execución da 2ª fase que ten a súa fronte cara a praza de Amboaxe e que posibilitaría completar a recuperación total deste inmoble«. O mercado municipal de Caranza «co desenvolvemento da segunda fase deste proxecto é outra das posibilidades que poderían optar a estas axudas europeas.«

O BNG propón así mesmo que o Concello «presente unha proposta encamiñada a promover a accesibilidade inclusiva no conxunto dos edificios municipais que contribúa a promover a autonomía de todas as persoas por ser este un dereito universal«. O BNG quere que con estes fondos «se eliminen todas as barreiras arquitectónicas nos edificios públicos dependentes do Concello de Ferrol e se complemente esta actuación con medidas que fomenten a autonomía das persoas con capacidades diversas, é hora de adaptar os edificios municipais e ter en conta a accesibilidade cognitiva mediante o uso de pictogramas, a redución de ruídos e a iluminación axeitada«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …