Conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, Narón

O Concello de Narón, conmemorará o vindeiro 8 de abril o Día Internacional do Pobo Xitano, en recordo da data de celebración en Londres, ano 1971, do primeiro congreso mundial romaní/xitano no que se instituíron a bandeira e o himno do colectivo.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, presentaron xunto con María del Mar Used, presidenta de Acción Familiar Ferrol (AFA), os actos que se levarán a cabo para celebrar na cidade esa data.

O día 8 de abril terá lugar no parque de Freixeiro ás 11.00 horas a tradicional Festa do Río, unha celebración na que ademais de representantes da corporación local e de AFA Ferrol estarán presentes varias persoas de etnia xitana e á que se poden sumar os veciños que o desexen. Ese mesmo día, coincidindo co Día Internacional do Pobo Xitano, inaugurarase ás 12.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros unha exposición de fotografías de xitanos de Narón e que tamén integrarán outras realizadas pola entidade Humanos en el planeta cielo con persoas de diferentes etnias.

A maiores deses actos, do 4 ó 8 de abril haberá unha xornada de portas abertas na Casa da Cultura, praza de Galicia, para que a cidadanía poida ver o traballo que se realiza dende AFA Ferrol e o Concello de Narón coa poboación xitana e amosar os traballos realizados no taller de costura.

O alumnado de quinto e sexto de Primaria dos centros de ensino da cidade pode participar, tal e como se lle anunciou, na cuarta edición do Concurso de relatos curtos “Cóntanos o teu conto do pobo xitano”. O tema a abordar neses contos será o da “Interculturalidade e comunidade xitana”, podendo presentar o alumnado ao que se dirixe os seus traballos ata o vindeiro 25 de marzo para optar a tres premios para os mellor valorados por un xurado.

Na actualidade está tamén aberto o prazo para participar nun certame fotográfico, que anima á cidadanía a realizar un retrato portando unha frase (Espazo libre de racismo, Opré Romá!, Roma Lives Matter, Loita contra o antixitanismo…). As imaxes hai que envialas ó correo electrónico: minoriasetnicas@afaferrol.org asinando unha autorización e dereitos de imaxe e protección de datos –que se pode descargar da web www.naron.es ou solicitala ó citado correo de AFA Ferro, e posteriormente elaborarase con todas elas un vídeo que se publicará a semana do 8 de abril nas redes sociais do Concello co cancelo #Narónencaló 

Ademais, na páxina web do Concello de Narón pódese descargar material con actividades coas que traballará tamén alumnado de terceiro a sexto de Primaria e coas persoas usuarias para achegar as contribucións do pobo xitano, a historia e a cultura

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …