Celebración do 25 Aniversario de Ramón Loureiro no mundo da literatura

Será no salón Carlos III de Exponav o sábado 19 de febreiro ás 12 horas, e baixo o título “Ramón Loureiro, a creación dun mundo” cando se celebre o acto de recoñecemento a Loureiro coincidindo coa celebración do seu 25 aniversario no mundo da literatura de ficción.

Este encontro, reunirá a personalidades do mundo da cultura chegadas a Ferrol desde toda Galicia. Nel, quérese subliñar, ademais da traxectoria literaria e periodística de Ramón Loureiro, o seu permanente compromiso coa defensa dunha parte de Galicia que ten, as súas capitais en Ferrol e en Mondoñedo, e o
seu corazón espiritual na Terra Chá de Lugo, e que hoxe, unha vez máis, se enfronta a un verdadeiro reto de futuro.

No encontro, participaran ademais do homenaxeado o concelleiro de cultura e primeiro Tenente de Alcalde, Antonio Golpe, a escritora e directora da revista FerrolAnálisis, Esperanza Piñeiro de San Miguel, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e a presidenta do Club de Prensa Xulia Díaz

Ramón Loureiro, Premio Julio Camba de periodismo, encarna, tanto na súa escrita xornalística como na súa dimensión de autor de ficción, a permanente defensa dun territorio que naceu da xa mencionada Terra de Escandoi -co Sillobre natal do autor no seu corazón- e que, libro tras libro, foi medrando ata
converterse no que o autor deu en chamar a Última Bretaña: o mundo que se extende desde as desembocaduras do Xuvia e o do Belelle ata a da Eo, incluíndo terra adentro áreas coma a Chaira luguesa.

Considerado pola crítica literaria española un dos máis importantes autores da súa xeración (o recordado Miguel García-Posada chegou a calificar de «obra maestra» das literaturas hispánicas a novela «Las galeras de Normandía».

Ramón Loureiro é autor de máis dunha ducia de libros, tanto en galego como en castelán. Académico de número da Academia de San Rosendo, nos anos noventa foi tamén un autor fundamental no ámbito do fotodocumentalismo español, ámbito no que publicou dous libros que xa son verdadeiros clásicos no
mundo da fotografía humanista: «Acero sobre el auga», a homenaxe de Loureiro aos traballadores da construción naval ferrolá, e «Aspontes», ensaio fotográfico sobre o universo pontés e súa central térmica.

No transcurso do acto presentarase tamén oficialmente o último libro de Loureiro, «Las máscaras del fin del mundo». Un volume, publicado por Medulia, co que celebra o seu cuarto de século no mundo da escritura de ficción. Unha obra escrita en prosa, pero de natureza decididamente poética.

Lea también

La AVV A Magdalena celebró el «Día de la Música» con Pregón y destacadas actuaciones de «Añoranzas» y Coro Rociero

De auténtico y destacado espectáculo se puede calificar el ofrecido en la tarde de este …