A corporación local de Naron aproba por unanimidade a participación do Concello no POS+2022

O Concello de Narón acolleu este venres, día 28, ás 19.00 horas, o pleno ordinario de xaneiro, no que entre outros asuntos da orde do día se aprobou por unanimidade a participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POS+ 2022) e o Plan Único de Concellos (POS+ Adicional 2022), neste último caso coa abstención dos edís do BNG.

Con cargo ás achegas da administración provincial e a fondos do Concello acometeranse nos vindeiros meses actuacións valoradas en algo máis dun millón de euros e tamén se destinarán 173.924 euros a cofinanciar os gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar, na área de Dependencia.

O voceiro de Terra Galega, Román Romero, foi o encargado de explicar as actuacións que se acometerán con cargo ó POS+ 2022 e cofinanciados polo Concello. A dotación de zona verde con equipamento no entorno da rúa Camiño do Peregrino (Piñeiros) 435.000 euros; o acondicionamento do local da Asociación de Maiores de Santa Icía 262.000 euros; a mellora da Seguridade Viaria na rúa da Garda 175.000; a mellora e ordenación do estacionamento no estadio municipal de Río Seco 130.000 e a implantación da rede de saneamento nos lugares de A Modia, Cruceiro, a Ponte e Quintá (na parroquia do Val) algo máis de 90.000 euros son as obras que se levarán a cabo con cargo a este plan.

No apartado de mocións o PP presentou unha para demandar á empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar a correcta execución do contrato, que non saíu adiante. Dende o goberno local, a concelleira de Benestar Social, Catalina García, calificou de “contraditoria” a exposición de motivos do documento e defendeu o investimento do Concello na citada área, que ronda os tres millóns de euros ó ano.

“Estamos facendo un seguemento do cumprimento do contrato dende todos os estamentos”, asegurou, recalcando as reunións que se levan a cabo con representantes da empresa e os requerimentos realizados dende o Concello.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordoulle tamén ós populares que a Xunta de Galicia dende o ano 2009 ata o 2021 non incrementou a súa aportación, facéndoo a instancias da Fegamp trala presión realizada polos concellos nesa liña.

O BNG presentou dúas mocións, unha sobre o incremento da seguridade nos pasos de peóns que non se aprobou, defendendo o edil responsable de Seguridade Cidadá, Román Romero, que “dende o Concello levamos tempo traballando nesa liña e seguiremos facéndoo”.

O PP presentou tamén unha moción para esixir ao presidente do Goberno central o cesamento inmediato do ministro de Consumo polos seus ataques á gandeiría e ó sector cárnico español. Aprobouse a continuación a moción presentada polo PSOE sobre as políticas de gandeiría. O voceiro do PSOE, David Pita, indicou que España é unha das principais potencias gandeiras e destacou o traballo do goberno central nesa área, así como o apoio ás explotacións sostibles.

Finalmente, non se aprobou a moción presentada polo BNG sobre a retransmisión por streaming e en directo dos plenos municipais en Narón.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …

Un comentario

  1. Aproban aprueban, pero para ejecutar tendrán que resolver la impugnación de los presupuestos que le hicieron los bomberos y un sindicato. De esto no dicen nada. Todo tapado, como siempre, costumbre de este ayuntamiento y de Tega.