Firma da acta de replanteo que permite acondicionar o novo local social do Alto, Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse este venres, día 28 de xaneiro, á rúa do Rosal, no Alto do Castiñeiro, para asistir á firma da acta de replanteo que permitirá á empresa Novavial iniciar os traballos de acondicionamento do local social do Alto.

A construción localízase no baixo dos números 37-39 da rúa do Rosal e ten unha superficie construída de 298 metros cadrados. O Concello de Narón reservou unha partida de 233.489 euros á execución destes traballos, que se cofinanciarán con cargo a un plan provincial.

“O local destinarase a actividades propias dos locais sociais, formativas e lúdicas, e completará a rede de espazos que tanto na zona urbana como na rural está a disposición dos veciños” recalcou a alcaldesa.

Ferreiro explicou que a actual estrutura consta de dous baixos con entrada pola fachada principal, na rúa do Rosal, con forma rectangular e unidos por un espazo de paso que se xuntarán para formar un só local. O baixo localizado na parte dereita é totalmente diáfano, mentres que o da esquerda ten unhas obras que se realizaran previamente pero que se conservan en mal estado. Por este motivo, tal e como se contempla no proxecto, levarase a cabo un acondicionamento integral dos dous espazos, o que implicará unha renovación completa das instalacións e da fachada e tamén obras para que finalmente o local cumpra as debidas condicións enerxéticas e de habitabilidade.

A superficie final útil do local será de 277 metros cadrados, donde se habilitarán unha sala disciplinar, 105 metros cadrados, unha cafetería 52, unha sala 36 metros cadrados, e outras estancias de menor superficie, entre as que están un almacén xeral, unha oficina, un ambigú, un office, unha despensa, un cuarto de limpeza e tres aseos, homes, mulleres e persoas discapacitadas.

A empresa adxudicataria dos traballos dispón dun prazo de seis meses para levalos a cabo, tal e como se especifica no contrato, se ben os representantes da mesma avanzaron a súa previsión de comezalos a segunda semana de febreiro.

O Concello destinou a maiores no seu día unha partida que rondou os 100.000 euros para a adquisición dos locais que se acondicionarán no Alto, materializando así o compromiso adquirido coa Asociación de Veciños Chafarís, constituída hai algo máis de dúas décadas. A maiores, o Consistorio mantén un convenio anual coa citada entidade veciñal para levar a cabo diferentes actividades ó longo do ano.

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …