O BNG acusa a Mato de prolongar a «estafa» da depuradora

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, considera que o alcalde da cidade, Angel Mato, pretende dar continuidade “pola porta de atrás” ao problema da xestión da depuradora e «permitirá que se prolongue a estafa á que están sendo sometidos os veciños e veciñas de Ferrol que teñen que facer fronte a unhas facturas desmesuradas desde 2014«.

Con este fin convocou hoxe unha comisión extraordinaria e urxente para ratificar o convenio existente a día de hoxe con Augas de Galicia no que Ferrol «se responsabiliza da xestión desta infraestrutura supramunicipal e asume o 100% dos seus custes.»

Tras máis de 7 anos «desde que o PP se fixera cargo da depuradora e pese a que os ferroláns estan a abonar recibos próximos aos 100 euros a propostas do gobreno non muda en nada o convenio subscrito en 2017 con Augas de Galiza e que contou cos votos favorábeis do PP e de Ferrol en Común.«

Esta decisión demostra que o PSOE «antepón os intereses económicos de EMAFESA aos dos veciños e veciñas da cidade sobre os que está a recaer a responsabilidade de facer fronte económicamente ás decisións que desde o 2014 se teñen adoptado nesta cidade respecto da EDAR«. Así mesmo demostra que o alcalde da cidade «continua a eximir de responsabilidade à Xunta de Galiza a través de Augas de Galiza da xestión dunha infraestrutura que se lle entregou a este Concello con tantas deficiencias e que supuxo infinidade de problemas aínda hoxe non resoltos, a comezar por ter os e as ferrolás continuar a pagar os recibos do Concello de Narón«.

Coa aprobación deste convenio pola vía da urxencia «o goberno pretende que nada mude respecto da xestión do saneamento na cidade e que se faga o máis rápido posíbel para que os ferroláns continúen a asumir todos os custes dunha infraestrutura declarada de interese xeral en 1997 no que o Estado non puxo un euro, Augas de Galiza se exime de responsabilidade, Narón non paga e Emafesa recada

Tras a experiencia de todos estes anos, Iván Rivas considera que a mellor maneira de comezar a resolver o conflito con Narón «é entregar a depuradora ao seu lexítimo propietario«, Augas de Galicia. Deste modo, Augas de Galicia «emitirá unha factura a cada concello de maneira independente. A partir de aí o Concello de Ferrol decidirá aboar ou revisar esa factura pero cando menos pero deixaremos de pagar o 100% dos custes como acontece desde 2014«.

«Hai que lembrar que ademais de asumir o 100% dos custes de depuración, en base a este convenio eximimos do pago dos tributos correspondentes por esta infraestrutura ao seu propietario, Augas de Galicia e ao seu xestor, EMAFESA, e os veciños e veciñas pagarán, como até o de agora, os custes de reparación dunha EDAR defectuosa que non podía funcionar cando se nos entregou«, afirma Iván Rivas.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …