Ferrol conmemora o 25N co lema «Non deamos a esquecemento»

Coloquios, microteatro e a VI Carreira e Andaina contra a Violencia Machista, algunas das actividades para o 25N.

A concelleira de Muller e Igualdade, Elvira Miramontes, deu conta na comisión da área da declaración consensuada con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o próximo 25 de novembro, así como das actividades previstas.

A campaña preséntase baixo o lema Non deamos a esquecemento, Ferrol unido contra a violencia machista e comezou xa o mércores desta semana coa representación, no auditorio, da obra Sofhie non é o meu nome de guerra, dirixida a centros educativos 3º e 4º de ESO, 1º e 2º Bacharelato e centros de FP e EPA Ferrol.

O sábado 22 está prevista a instalación do punto violeta en Parque Ferrol, a través do cal darase difusión das actividades previstas con motivo do 25N, así como dos recursos dos que dispón o Concello de Ferrol na loita contra a violencia de xénero.

O horario de atención ao público será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. E tamén nesta xornada de 16 a 20 horas, na praza de Armas, estará o stand educativo O machismo é violencia con todas as letras, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O luns 24 celebrarase nos centros educativos un scape room, no que o alumnado terá que desvelar varios enigmas contra a violencia de xénero no menor tempo posible. O martes 25 terá lugar o acto institucional con participación cidadá no salón de recepcións do Concello de Ferrol ás 11:30 horas.

O xoves 27, ás 19:00 horas na Casa da Muller, levarase a cabo o coloquio Ferrol en feminino que disertará sobre A invisibilidade da muller nas artes como causa de violencia de xénero coa historiadora Marisé Pena. E ao día seguinte, no Edificio social, a xornada A cara B das violencias machistas, de 10:30 a 13:30 horas.

Tanto o venres 28 como o sábado 29, durante todo o día, nos locais hostalaría poderase ver o espectáculo itinerante de microteatros contra a violencia machista.

E súmanse dous actos máis o sábado 29: ás 12:00 horas na AVV de Viladóniga-Vilasanche o obradoiro en familia Únete para poñer fin á violencia dixital, e pola tarde ás 19:30 horas no teatro Jofre o acto cidadán contra a violencia de xénero, coa lectura da declaración institucional do 25N, proxeccións audiovisuais protagonizadas pola sociedade ferrolá e as actuacións musicais a cargo de Violeta Veinte e da Cía de Fran Sieira.

O domingo 30 está prevista a VI Carreira e Andaina contra a Violencia Machista e a III Marcha Ciclista do Concello de Ferrol, con saída en ambos casos ás 11:00 horas do Cantón de Molíns. Para participar tanto na carreira como na andaina, as inscricións poden realizarse na páxina de carreiras galegas e o prazo finaliza o 27 de novembro ás 23.59 horas. O xoves 27 e o venres 28 entregaránse os dorsais e camisetas na Casa da Muller de 9.00 a 14.00 horas e tamén o mesmo día da carreira dende as 9.00 horas ata o inicio da mesma.

Ademais, levarase a campaña do 25N a encontros deportivos do Club Universitario de baloncesto Baxi, o Parrulo Fútbol Sala, Abeconsa Basketmi Ferrol e Racing de Ferrol.

Lea también

A Deputación da Coruña prorroga o programa MercaNaVila debido á gran acollida

O éxito da iniciativa supera as previsións: as vendas xa superan os 9,6 millóns de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *