Este xoves o Centro Cultural Torrente Ballester acollía a presentación do libro ‘Antonio, Diario do confinamento’ da xornalista Patricia Hermida, contando coas intervencións da presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz; o subdirector de El Correo Gallego, José Antonio Pérez; o alcalde de Ferrol, Ángel Mato e da concelleira de Igualdade, Cristina Prados.
A presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz destacaba que o libro “terá un lugar especial na nosa memoria”, onde están plasmados os sentimentos de estar “todos representados” ao escribirse os seus textos na primeira vaga da covid-19 a agora se converten “nun excelente relato interxeracional nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal”, mostrando “as dificultades dunha nai xornalista, coas dificultades para conciliar.”
Julia Díaz quería destacar a figura de Patricia Hermida, “unha muller que nos fixo partícipes do seu relato, ocupando un espazo nun xornal, sen esquecer un fondo moral e ético, como os coidados do seu pai, sen olvidarse da tradición galega.”
Cristina Prados: “É unha gran homenaxe ao seu pai”
A concelleira de Igualdade, Cristina Prados quería dar os seus “parabéns” a Patricia Hermida, nun momento onde quería “compartir este momento con anécdotas divertidas para compaxinar a vida persoal coa familiar”.
Neste libro mostra “os seus sentimentos, nunha gran homenaxe ao seu pai”, e onde tamén fai referencia a temas que afectan aos ferroláns “coma o naval”, o traballo dos servizos esenciais durante a pandemia, ou o traballo dos mestres e mestras
Ao mesmo tempo, Cristina Prados desexaba que Patricia Hermida poida regresar aos medios de comunicación. “Agardamos que sexa un ata logo, porque precisamos xornalistas coma ti”, afirmaba.
José Antonio Pérez: “Patricia Hermida é unha das mellores xornalistas do país”
O subdirector de El Correo Gallego, José Antonio Pérez, quería destacar ao inicio da súa intervención que “non hai xornalista en España de unir a alcaldes de exalcaldes do PSOE, Marea, PP e BNG”, ao contar tamén coa presenza nesta presentación cos exalcaldes de Ferrol Jorge Suárez e José Manuel Rey Varela e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, coma tamén do voceiro municipal do BNG, Iván Rivas e o deputado autonómico do BNG, Ramón Fernández “Mon”, entre outros.
José Antonio Pérez non so comparaba a Patricia Hermida con Manuel Jabois “senon que é mellor ca él, é unha das mellores do país”, polo que se lamentaba de non vela “no lugar que se merecía”, recoñecendo que “lle podes encargar calquera cousa e dun marrón facía unha obra maestra”, polo que sentía moitísimo que “non puidera firmar no El País ou La Vanguardia, xa que era o lugar que se merece.”
Ao mesmo tempo, José Antonio Pérez recoñecía que tiña dúbidas de que fose él o que tivera a idea de que lle encargase a Patricia Hermida facer estos textos durante a primeira vaga, pero era un proxecto “ideal para ela” e que tiña sentido facelo “entre tanto dor”, polo que estaba “orgulloso de haber traballado ao seu lado.”
Patricia Hermida: “Grazas ao xornalismo por poder falar da vida ou da morte”
A autora Patricia Hermida, visiblemente emocionada na súa intervención, quería dar as grazas a súa familia “por todo o amor dende sempre”, coma tamén a El Correo Gallego “nun xornal onde máis libertade puiden ter”, sendo os “padriños” da obra, coma tamén a Julia Díaz “a madriña” e o Club de Prensa de Ferrol “por este regalo”, ademáis do Concello de Ferrol e da concellería de Igualdade.
Patricia Hermida afirmaba que “non vou deixar o xornalismo”, nunha época no que ser autónoma “é unha agonía”, polo que dáballe grazas a profesión por “falar da vida ou da norte, de manifestacións, de festas ou eventos.”
Ao mesmo tempo quería agradecer o poder escribir “sobre o meu pai, ata converterse nunha estrela.”
Ángel Mato: “Patricia Hermida ten unha capacidade enorme para encandilarnos”
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato finalizaba as intervencións recoñecendo que para esta presentación “houbo moitas peticións de persoas que querían estar aquí”, nun acto no que había “compañeiros, colegas e seguidores de Patricia Hermida.”
A autora comezou a escribir “esta maravilla en tempos do covid, cunha historia persoal e familiar e abrirse o resto da xente con lembrazas ferroláns”, nunha época na que “non se podía ver máis aló dunha fiestra, cando o mundo xa non era o mesmo.”
Esperaba que este libro “sirva de recordo” e poder seguir a súa columna neses días de marzo de 2020 “era un pracer”, porque “había que ter moito valor para facer estos textos, cunha capacidade enorme para encandilarnos, sacando un sonriso ou facernos chorar.”