Neda-O concello busca implicar á veciñanza na celebración dos Maios

O Concello celebra Os Maios coa iniciativa “Neda florece”, coa que anima á veciñanza a construir un maio ou realizar unha decoración floral do seu balcón, fachada, patio ou negocio, e compartir as súas imaxes a través das redes sociais municipais. Todas as persoas participantes recibirán un agasallo, e entre elas, sortearanse 5 centros de plantas.

Haberá 2 categorías: infantil e adultos, e poden participar aqueles que vivan en Neda
e envíen as súas fotografías entre o luns 10 e o xoves 13 de maio (incluídos) ao
teléfono 650 484 521 ou correo cultura@neda.gal, sinalando nome e apelidos, DNI,
idade e enderezo.

Así mesmo, é preciso presentar, vía email ou whatsapp, o documento asinado de
protección de datos e publicación de imaxes, e a autorización asinada para menores
de idade, documentos que poden descargarse da web municipal ou retirar na Casa
da Cultura.

O Concello publicará as imaxes, e celebrará o sorteo o 18 de maio na casa
consistorial, coa presenza do secretario municipal.

Lea también

Neda celebró con gran éxito su tradicional «Festa do Pan», ya en su XXXV edición

Neda celebró un año más, y ya van treinta y cinco, su tradicional « Festa …