O Centro Torrente Ballester estrea unha exposición sobre Andrés do Barro que se poderá visitar ata o 23 de maio

Exposición sobre Andrés do Barro no Torrente Ballester | Concello de Ferrol

Esta fin de semana abriuse no Centro Torrente Ballester a exposición Andrés do Barro: Pop, saudade e memoria. Unha ollada dende Ferrolterra. Inclúe a súa discografía orixinal e versións realizadas sobre ela, fotografías das súas primeiras actuacións, cancionairos publicitarios coa súa obra, cartelería e fotografías promocionais do filme En la red de tu canción, imaxes, recortes e portadas de prensa musical e de sociedade que abordan a vida e a obra do cantante. Tamén se pode ver diversa cartelería de homenaxes.

A mostra pódese visitar na sala Bello Piñeiro ata o vindeiro 23 de maio. O Torrente abre de martes a sábado en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. Os domingos e festivos estará aberta só polas mañás.

Un texto á entrada da exposición, obra do comisario, Fernando Fernández Rego, resume que “Andrés do Barro é o máis grande artista galego de todos os tempos. E era de Ferrol e pasaba os veráns en Cabanas e Pontedeume”. Ademais, na súa figura “está a xénese do pop en Galicia. Autor (letra e música) de catro números un nas listas de vendas nacionais (O tren, San Antón, Corpiño xeitoso e Pandeirada) en plena ditadura franquista. Unha fazaña tamén na historia dos idiomas oficiais en España”.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …