Valdoviño-Reestablecida a totalidade da rede de iluminación pública no lugar das Penas, en Sequeiro

O Concello de Valdoviño reestableceu toda a rede de iluminación pública no lugar das Penas, na parroquia de Sequeiro. Tras detectarse un importante problema nesta liña, a Administración local procedeu a regularizar a instalación coas correspondentes obras.

Así mesmo, e unha vez realizados os trámites con Fenosa primeiro, e coa Consellería de Industria despois, a día de hoxe puido repoñerse toda a liña.

Dende o Concello quere agradecerse especialmente a paciencia dos veciños e veciñas afectados por esta situación.

Lea también

Neda entrega entre sus vecinos, packs de bolsas reutilizables de reciclaje

Alrededor de cincuenta hogares en Neda cuentan con los paquetes de bolsas de reciclaje, distribuidos …