O BNG presenta unha moción sobre o estado dos bancos marisqueiros da ría

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción ao pleno en relación a actual situación que vive o sector marisqueiro da ría «e a necesidade de que se desenvolvan, por parte da Xunta de Galicia, as accións necesarias para garantir a rexeneración dos bancos marisqueiros e se garanta o futuro económico do sector«.

O BNG considera prioritario que se proceda a acometer unha limpeza dos fundos da ría «para o que é fundamental a elaboración dun estudo integral da nosa ría para coñecer os problemas existentes e poder dar unha solución eficaz e definitiva a esta situación. Asi mesmo considera que o Concello de ferrol debería amosar a súa disponibilidade a contribuir económicamente na elaboración deste estudo co obxecto de evitar maiores dilacións por parte da Xunta de Galicia na súa realización«.

Así mesmo o BNG quere que o Concello inste a Xunta de Galicia «a pechar os bancos marisqueiros da ría de Ferrol e a estabelecer axudas ao colectivo de mariscadores e mariscadoras mentres dure esta situación e a incluir ás confrarías da ría no desenvolvemento das tarefas necesarias para a mellora das zonas produtivas«.

O BNG lembra que a ría de Ferrol «foi a última das grandes ría de Galiza en ter EDAR e que aínda hai zonas que seguen vertindo à ría sen depurar«. Ademais desde o BNG consideran que «é notorio que existe un problema adicional que son os recheos existentes na ría como o peirao carboeiro, a ponte do ferrocarril, o viaducto ferroviario da Malata, a ponte das Pías etc; barreiras que deberían mesmo pensar na súa eliminación xa que os efectos provocados pola acción conxunta de verquidos e barreiras sobre a circulación de auga do mar, provocaron a degradación da case totalidade dos bancos marisqueiros da ría, e a perda e desaparición de algunhas partes destes, caso significativo é o banco das Pías. Este nivel de deterioro foi tan grande, que incluso co saneamento funcionando non chega para remontar a perda de produción«.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …