A Casa da Cultura de Pontedeume -antigo convento de San Agostiño- acolleu na tarde deste venres, día 28, o acto inaugural da exposición «750 anos construíndo a
historia de Pontedeume«, un dos eixos principais dos actos conmemorativos dentro da
programación realizada para a celebración dos 750 anos da fundación da vila de Pontedeume resultante da concesión mediante Carta-Póboa do rei Afonso X con data 30 de decembro de 1270. A exposición estará aberta ao público de forma diaria desde este sábado, día 29 de agosto, ata o día 4 de novembro en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Este acto institucional, presidido polo alcalde da vila, Bernardo Fernández, tamén contou coa presenza de Suso Souto, deputado provincial de Cultura e dos comisionarios Juan Coira e Carlos de Castro, quenes foron os encargados de explicar o gran traballo de recopilación documental realizado durante os últimos meses que ten como obxectivo difundir a importacia da historia e patrimonio de Pontedeume.
Precisamente un dos comisarios, Juan Coira, lembrou que “se trata dunha exposición de documentos porque é un documento de Alfonso X o que nos trae hoxe aquí”, en referencia á concesión do rei do Castela do estatus de pobo a Pontedeume. Ademáis, o doctor en historia Juan Coira explicou a importancia dos documentos escritos para a labor dos investigadores: “Sen historia escrita non hai historia e sen historia non hai pasado ni presente”, afirmou.
Outros dos comisarios e principal impulsor desta exposición, Carlos de Castro, quixo agradecer a disposición do alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e de todo o equipo de goberno para sacar adiante unha exposición deste nivel. “Espero que os visitantes desfruten tanto como desfrutamos nós traballando e investigando para crear esta mostra histórica e documental”, dixo o historiador e profesor.
Pola súa banda, o deputado provincial Suso Souto, apelou á necesidade de celebrar
exposicións como esta para “coñecer o noso pasado, que é o que explica a nosa cultura e o que somos agora”. O deputado de Cultura felicitou tamén ao Concello de Pontedeume por poñer en valor esta parte da súa historia e achegala aos veciños.
O alcalde eume, Bernardo Fernández, non deixou pasar a ocasión de recordar que, aínda que a inauguración desta exposición dérase neste contexto de pandemia mundial, “Pontedeume saíu de momentos peores, tal e como podemos ver nesta mesma exposición e tamén sairemos desta”. O alcalde socialista explicou que o próximo ano retomaranse moitas outras actividades de carácter lúdico e cultural que quedaron pendentes este ano por mor da pandemia.
O rexedor socialista afirmou durante a presentación oficial da exposición que “se hai algún acto ou evento que un alcalde quere celebrar é este, un aniversario tan importante e que significa tanto para a vila”. “Síntome tremendamente orgulloso de poder contribuir como servidor público a facer posible a celebración desta conmemoración histórica do pobo no que vivo”.
Fernández lembrou que se trata, ademáis, dunha exposición histórica para a vila polo nivel do contido exposto, xa que por primeira vez saen a luz documentos e libros que non estiveron ao alcance da veciñanza ou de calquera que non fose investigador. “É un acontecemento histórico en tódolos sentidos”, dixo.
Tamén acudieron Antonio Leira, deputado provincial; Manuel Vázquez-Faraldo, alcalde do veciño municipio de Miño e Julio Abalde, rector da Universidade da Coruña.
Trala presentación, Juan Coira e Carlos de Castro foron os encargados de dirixir ao resto de asistentes por unha visita guiada a longo dos 16 espazos conceptuais nos que se articula esta exposición e nos que se poden atopar tanto pezas históricas documentais como reproduccións de gran importancia vinculadas directamante coa vila eumesa.
Neste repaso pola formación da vila destácanse algúns fitos como a orixe da ponte de pedra e as súas primeiras mencións documentais ou a importancia da existencia dos mosteiros na nosa comarca. Unha parte importante da exposición está dedicada a Casa dos Andrade e ao seu mecenado, a evolución desde un estado da Familia dos Andrade ata a aparición dos concellos ou as Revoltas Irmandiñas.
Os asistentes ao acto inaugural tamén pudieron coñecer de primeira mán durante o recorrido pola exposición a importancia das peregrinacións na difusión da cultura e o desenvolvemento económico e urbano dentro do Camiño Inglés ou a importancia do porto de Pontedeume incluído nas rutas de comercio desde o século XIII ata o século XVI, ou o papel desenvolvido pola muller ao alongo dos séculos na historia eumesa.
Toda unha aportunidade de achegarse a historia da vila eumesa dunha manera didáctica e amena nunha exposición que amosa o compromiso do Concello de Pontedeume coa riqueza documental, histórica, patrimonial e cultural nunha data tan importante como son os 750 anos desde a súa fundación.
Alegra mucho que el señor alcalde haya inaugurado la exposición 750 años da fundación de Pontedeume.
Lo que espanta es que en ese hermoso trabajo investigativo no se haya mencionado a los nacidos en esa tierra que tuvieron que marchar a otra para ayudar a sus familias y pueblo en general. Cómo es posible que hayan olvidado a los que un día 11 de octubre de 1911, en La Habana fundarán la asociación Puentedeume y su Partido Judicial. Y que por varias vías hemos tratado de contactar con el señor alcalde incluyendo entrar a su página. Y hemos recibido la callada por respuesta.
Queremos contactar no solicitar ninguna ayuda, si es la preocupante.
Meus parabéns pra todos.
Felipe Cid Dominguez
Presidente
Puentedeume y su Partido Judicial