Arrancan en Pantín e Aviño os campamentos de verán do Concello de Valdoviño

Un total de 11 nenas e nenas de entre 3 e 5 anos e 20 nenas e nenos de 6 a 14 participan dende o mércores en Aviño e Pantín nos campamentos de verán Concilia Tempos. Un programa impulsado pola Concellería de Servizos Sociais de Valdoviño co ánimo de favorecer a conciliación da vida laboral e o coidado dos nenos e nenas por parte das familias.

Cada día, de luns a venres e de 8,30 a 14 horas, sucederanse as sesións de aquía setembro -ata uns días antes do inicio do curso escolar-. En Aviño celébranse as actividades para os/as máis pequenos/as, priorizando o uso da zona exterior,e incluíndo cancións, contos, manualidades, xogo libre e actividades relacionadas coa natureza.

No local social de Pantín, desenvólvese o programa para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Na oferta de actividades hai roteiros, xogos, investigación, deportes, convivencia, valores, tempos de praia…

Iso si, en todo caso, estanse a aplicar as medidas sociosanitarias establecidas con grupos reducidos e desenvolvendo a maior parte das actividades en exterior.

Lea también

Arrancan en As Pontes las segundas Jornadas en Gestión Forestal Sostenible

La parte teórica se impartirá en el local de la asociación de empresarios SEARA, en …