O Concello de Narón colaborará co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade fronte á Covid-19 en Mozambique

 A concelleira de Benestar Social do Concello de Narón, Catalina García, participou na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrada de xeito virtual e na que se aprobaron por unanimidade as Liñas Estratéxicas 2020-2023 e o Plan de Actividades 2020. Na convocatoria saíu adiante un proxecto de cooperación para o desenvolvemento, enmarcado na crise pola Covid-19, que suporá un investimento de 18.126 euros en Mozambique e para o que o Concello naronés aportará unha partida de 12.000 euros, tal e como indicou García.

O proxecto no que participará o Concello é de Axuda de Emerxencia contra os impactos do coronavirus nos municipios mozambicanos e permitirá contribuír coa Asociación Nacional de Municipios de Mozambique e co propio goberno do país africano a minimizar o risco de infección entre a poboación”, apuntou a concelleira de Benestar Social. “A través desta iniciativa minimizarase o número de persoas infectadas por esta pandemia en nove municipios de Mozambique (Maxixe, Mocuba, Maganja da Costa, Quelimane, Monapo, Angoche, Lichinga, Cuamba e Metangula), donde se rexistra unha gran circulación de transporte de cargas e poboacional debido á actividade económica que se desenvolve nos mesmos e tamén un elevado índice de poboación empobrecida”, explicou García.

A edil naronesa apuntou que con cargo a este proxecto recibirán material de protección preto de dous millóns de persoas, de xeito directo: máscaras, pulverizadores, produtos de pulverización e outros equipos de protección fronte á Covid-19. “Dende o Concello de Narón estase redactando un convenio co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade por importe de 12.000 euros que irá orientado a contribuír con proxectos do Fondo Galego, ou situacións de emerxencia que se produzan noutros países”, apuntou a edil de Benestar Social.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …