O Concello de Narón avanza para proceder á adxudicación da Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria

 

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu na mañá deste martes a segunda mesa de contratación do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria do Concello, licitado por dez anos e un importe global, nesa década, de 30.883.150 euros, o que supón 3.088.315 euros ao ano. Os representantes das cinco empresas que optan ao contrato presenciaron a sesión de xeito telemático.

Durante a mesa celebrada este martes, que se prolongou durante algo máis de dúas horas, procedeuse a dar conta dos criterios técnicos das ofertas e, a maiores, abríronse as ofertas económicas, tal e como indicou Ferreiro. Así mesmo, en canto ao procedemento a seguir, resta por realizar a valoración de cada unha das ofertas para, finalmente, proponer a adxudicación do contrato a unha das empresas, que será a concesionaria deste servizo na cidade durante os próximos dez anos.

O novo contrato de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria inclúe varias melloras con respecto ao actual servizo, entre elas a limpeza viaria dos tres polígonos industriais da cidade, según recordou a alcaldesa. Ferreiro destacou ademais que se apostou por valorar o incremento das campañas para fomentar a reciclaxe, por empregar o sistema de carga lateral na futura recollida do lixo para ofrecer máis garantías de seguridade ao persoal do servizo, crearanse puntos limpos de proximidade nos espazos que ocupaban os contenedores soterrados ubicados xunto á Biblioteca, e nos barrios da Gándara, A Solaina, Piñeiros e Xuvia e incrementarase o número de tractores que traballarán na zona rural, entre outras melloras.

“Trátase dun servizo que nos vindeiros meses vai experimentar importantes melloras, que nos permitirá atender mellor as necesidades que actualmente se presentan na zona urbana como na rural”, subliñou Ferreiro.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. Suspense, tiritiritiri, and the winner is Urbaser. .