O Concello incorpora ao proxecto “Actividades na casa” a exposición “Imaxe de 100 anos” de Carvalho Calero

Centro Cultural Torrente Ballester

O Concello de Ferrol puxo en marcha ai dúas semanas o proxecto “Actividades na casa” co fin de acompañar aos ferroláns durante o tempo que dure o confinamento con propostas diarias para desenvolver no fogar procedentes das concellerías de Cultura, Educación, Deportes e Medio Ambiente.

O último en incorporarse a este proxecto é o departamento de Educación, que cada día publica entre unha e dúas sesións de distintos obradoiros destinados a escolares de 3 a 12 anos. Os luns, teatro e contacontos e informática e robótica; o martes, pilates; o mércores, manualidades; o xoves é a quenda de baile moderno e cociña creativa e cada venres publicarase un novo vídeo de lingua de signos e outro de baile tradicional e percusión. Todos estarán dispoñibles a partir das 16 horas na sección Educación do destacado “Actividades na casa”, na parte baixa da páxina principal da web municipal, ferrol.gal

Ademais do calendario diario, a concellería abriu outro apartado no que se publicarán vídeos de exposicións municipais. Xa está dispoñible a mostra dedicada ao escritor Ricardo Carvalho Calero, protagonista do Día das Letras Galegas e centro de numerosas iniciativas programadas para o presente curso polo Concello de Ferrol. “Imaxe de 100 anos” abriu ao público a finais de xaneiro no centro cultural Torrente Ballester e a súa clausura estaba prevista para o 31 de maio.

Atoparse ao autor desde casa

O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, explicou que se adaptou á nova situación “de excepcionalidade” para que “os veciños que non acudiron á exposición no Torrente Ballester poidan atoparse ao autor desde as súas casas”.

A través de imaxes e paneis informativos, “os ferroláns poden percorren a vida e obra do noso escritor e coñecer máis de 30 primeiras edicións e moitos dos seus obxectos persoais e académicos”. Nos próximos días estarán dispoñibles en “Actividades na casa” outras mostras de titularidade municipal.

Rutinas diarias de cultura e deporte e manualidades para nenos

Ademais de Educación, o proxecto do Concello conta tamén con actividades que elaborar as concellerías de Cultura, Deporte e Medio Ambiente. Cada día suxírensesesións de adestramento que traballan distintas partes do corpo e propostas culturais que inclúen enlaces a películas, obras de teatro, espectáculos de maxia e malabares e visitas virtuais a monumentos e museos, entre outros. Pola súa banda, desde o departamento de Medio Ambiente, que dirixe Ana Lamas, a Aula de Ecoloxía Urbana propón numerosas manualidades para realizar en familia e unha guía de boas prácticas de consumo na casa. Xa están dispoñibles os referentes á enerxía e o de residuos.

Lea también

La SAF presenta un nuevo número de Poesía Galicia y entrega sus premios literarios

Este sábado día 23 en un acto previsto para las 12.00 horas,  la Sociedad Artística …