Moitos muros ten Ferrol: O Baluarte do Infante


Non ignora a persoa interesada no ámbito do patrimonio cultural desta cidade a recorrencia de certos debates ou, mellor dito, polémicas se nos cinguimos ao escaso recorrido e materialización que chegan a ter.
Neste senso, Ferrol conta cunha muralla moi coñecida, da que, de tanto en tanto, a alguén lle parece xusto lembrarse. Fronte ao protagonismo acaparador desta, chámanos a atención o déficit de interese e de
propostas ao respecto doutros muros; que tamén hainos!!
Como ben é coñecido, a cidade do XVIII dotarase dunha muralla, que garantizará a defensa, pero que, tamén, permitirá o control social da vila. Todo isto, no contexto da existencia dunhas importantes instalacións militares.

A obra iniciada polo inxenerio Francisco Llobet e rematada por Dionisio Sánchez de Aguilera, combinará, no seu tramo terrestre, as cortinas cunha serie de redutos pentagonais que sobresaen pronunciadamente da liña defensiva. Isto último, segundo o investigador Rodríguez-Villasante suporá `una interesante innovación en el llamado sistema “abaluartado-atenazado´.»

Máis aló disto, as murallas deixarán unha forte pegada social, servindo como divisoría entre os de dentro e os de fora, segregación cuxa memoria sobrerviviu incluso a propia fortificación.

Así poís, ben se quera falar dos sistemas de defensivos deste Ferrol, da vida das súas xentes ou da súa relación coa contorna, debemos considerar estas murallas.
Das mesmas, produto en parte da pouca calidade da construción e, por outro lado, da evolución urbanística, só conservamos uns cantos vestixios. Un destes escasos testemuños é o chamado “Baluarte do Infante” que se trata, precisamente, dun dos redutos plantexados xa por Llobet. Este viuse xa modificado no século XIX e, na actualidade, desempeña a función de arquivo militar.

Do seu lado interno, isto é cara dentro do recinto amurallado, este baluarte limita coa Avenida do Rei, mentres que, cara o exterior, linda coa rúa Cardosas, a altura da estación de tren. E, precisamente, é deste lado do que permañece invisibilizado, entre escombros, vexetanción e un muro de cemento que se extende dende a contigua residencia militar. Así poís, e a pesares da su ubicación nun espacio central e moi transitado, este ben, permañece invisíbel e distante para a meirande parte dos ferroláns.

Así poís, ante o periódico plantexamento e anuncio de proxectos moito máis ambiciosos, chámanos a atención o histórico desinterese cara este ben e nas posibilidades de poñelo en valor, sinxelamente retirando unha serie de escombros, cortando a maleza e eliminando o muro de cemento. Isto, por suposto, é so un comezo de cara o que debería ser a súa verdadeira posta en valor; pero cremos que sería un bo
comezo.

Moitos muros ten Ferrol, e non todos materiais, se ben, dúns se fala máis ca doutros.

Lo que no se sabe de la muralla de Ferrol. Génesis y ocaso del recinto amurallado de la plaza”, 2012. Rodríguez-Villasante Prieto, J. A. e Rodríguez-Villasante Antón, B. “El conjunto defensivo de las murallas” en Burgoa Fernandez, J.J e Llorca Freire, G. “Memoria histórica del Barrio de Canido” 2019. Santalla López, M. “Vida cotidiana y trabajo en el Ferrol de la Ilustración” 2017

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …