O Concello reestrutura os Servizos Sociais e planea unha escola de envellecemento activo

Eva Martínez Montero en rolda de prensa | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, ven de reestruturar os servizos sociais co obxectivo de mellorar a atención aos usuarios das catro unidades básicas e do resto de prestacións. Tras sete meses como concelleira, explicou a edil, “xa coñezo ben as necesidades da área de cara a optimizar os recursos dos que dispoñemos”.

A pasada semana, a unidade básica número 4, que atende á zona rural, trasladouse do Edificio Social da rúa Sánchez Barcáiztegui ao cuarto andar da Casa Solidaria. A súa anterior ubicación “resultaba máis incómoda para os usuarios, ao encontrarse nunha costa e apartada de estacionamento público”, detallou Montero. Agora, no edificio da rúa Velázquez, a unidade “ten preto paradas de autobús, o aparcamento de Praza de España e, ademais, está próxima a outros edificios administrativos”. A concelleira explicou que ata esta dependencia achéganse usuarios do rural en transporte público o no seu coche e necesitan este tipo de facilidades.

De este modo, o cuarto andar da Casa Solidaria acolle xa a unidade básica número 4 ademais do servizo de psicoloxía. O primeiro e o sexto seguen destinadas ao uso de entidades sociais, no segundo está o salón de actos e o terceiro mantén a unidade básica número 3, que atende aos barrios de Recimil e os ensanches, xunto cos servizos dirixidos a maiores de voluntariado e comedores sénior. O Concello tamén trasladará a oficina de Proinfancia do cuarto a unha estancia máis ampla no quinto andar e destinará outro dos seus espazos ao desenvolvemento de programas de inclusión da concellería de Benestar Social. Ademais, a oficina de inmigración, ata agora instalada na Casa Solidaria, pasa ás dependencias da Casa da Muller.

Pola súa banda, o Edificio Social mantén a unidade básica número 1, que atende aos barrios de Canido, Esteiro, Ferrol Vello e Centro, o servicio de dependencia e a atención psicolóxica para menores. A número 2 continua en Caranza.

Envellecemento activo para maiores

Dentro da reorganización dos servicios sociais, e co obxectivo de dar “a mellor resposta ás necesidades dos nosos usuarios”, explica Montero, o Concello ten previsto poñer en marcha unha escola de envellecemento activo para maiores na andar baixa da Casa Solidaria. “Queremos aproveitar ao máximo o edificio e combinar o seu uso asociativo coa prestación dos servicios municipais”.

A reestructuración da concellería inclúe tamén cambios na actual distribución do persoal, exposta nos anos 90. “A cidade cambiou moito nos últimos 30 anos e é o momento de adaptar a atención cidadá ao actual número de habitantes e o seu perfil, diferente segundo os barrios”, aclarou. Neste senso, as unidades básicas 1 e 3 intercambian o seu persoal e o resto adaptaranse ás necesidades dos seus usuarios.

Prevención de ludopatías

A concelleira de Benestar Social anunciou esta mañá que o Concello traballa na posta en marcha dun programa de prevención de ludopatías. Na actualidade a asociación Ex Alcohólicos está redactando un proxecto que tamén incluirá a posibilidade de desenvolver accións nos centros escolares, desde a ESO a Bacharelato, o próximo curso escolar. Ese foi un dos temas tratados na reunión mantida o pasado martes do Grupo de Traballo de Infancia, Familia e Adolescencia do Concello creado no mes de setembro, na que tamén se trataron os avances na campaña afectiva sexual e o balance do programa municipal Educando no Lecer, dirixido á prevención no consumo de drogas entre mozos.

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …