A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, para abordar unha serie de actuacións de interese para o municipio. No encontro, ao que tamén acudiu o edil de Obras, Pablo Mauriz, e que serviu como unha nova toma de contacto entre os representantes de ambas administracións, Ferreiro e Formoso analizaron varias intervencións pendentes de acometer na cidade.
En materia de infraestruturas viarias Ferreiro interesouse polo estado no que se atopa a actualización dos proxectos de mellora das estradas de San Xiao e do Feal, dúas actuacións urxentes na cidade para garantir a seguridade peonil e rodada no termo municipal, ao tratarse de viais moi transitados.
Así mesmo, a alcaldesa trasladou a Formoso a necesidade de actuar con urxencia nas beirarrúas das estradas da Gándara, Concepción Arenal e Souto Vizoso, que presentan importantes desperfectos e que requieren dunha actuación de mellora para garantir tamén a seguridade na zona.
Ferreiro valorou o encontro mantido na administración provincial e amosou a súa confianza en que se avance nestes proxectos e intervencións tan necesarios para a cidade.
Actuaciones «urxentes» las carreteras de San Julián y el Feal… y llevan desde 1999 prometiéndolas, a raíz del accidente del Discoverer. Y ahora hablan de «actualizar». CREDIBILIDAD CERO.