A alcaldesa recibiu aos representantes do Club de Fotografía Narón constituído o pasado mes de outubro

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu aos integrantes dunha nova entidade constituída na cidade, o Club de Fotografía Narón CFN. O presidente do citado club, Marcos García, e o seu secretario, Rubén Bollán, e tesoureiro, Eduardo José Ponte, acudiron tamén á xuntanza, na que explicaron a Ferreiro as actividades que impulsarán na cidade.

O Club de Fotografía Narón, constituíuse oficialmente o pasado 15 de outubro e é unha asociación de carácter cultural e sen ánimo de lucro. A promoción da fotografía e a participación das persoas en actividades relacionadas coa fotografía forman parte dos fins da entidade, a través da que se organizarán cursos (de iniciación e perfeccionamento), convocaranse saídas fotográficas, charlas, conferencias, e impulsaranse exposicións e outras actividades encamiñadas a desfrutar da fotografía.

As persoas interesadas en contactar cos representantes deste novo club local poden facelo a través do correo electrónico: clubfotografianaron@gmail.com.

Ferreiro felicitou aos representantes do Club de Fotografía Narón por constituír esta nova entidade e comprometeu o apoio do Concello de Narón á hora de programar actividades dirixidas á cidadanía.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …