O Concello repón as baldosas en mal estado da rúa do Inferniño tras rematar a rúa Fontemoura

Obras no Inferniño | Concello de Ferrol

A concellería de Obras e Servizos, que dirixe Ana Lamas, acaba de rematar a reposición das baldosas das beirarrúas da rúa Fontemoura, no barrio do Inferniño. Durante o día de onte un equipo de tres operarios dedicáronse a cambiar a laxa en mal estado a lo longo da rúa.

Os traballos trasladáronse hoxe á praza do Inferniño, onde a concellería de Obras e Servizos está a substituír as baldosas en mal estado na rúa do mesmo nome. Ata o próximo martes o equipo de operarios traballarán para cambiar as partes lixeiramente levantadas ou defectuosas pola forza das raíces das árbores.

Lamas considera que manter en bo estado as beirarrúas da cidade é “fundamental” para mellorar o tránsito de peóns e estas dúas actuacións forman parte do seu firme empeño por traballar por Ferrol.

Lea también

El PSOE reclama al Concello de Ferrol soluciones a las quejas vecinales registradas durante el segundo trimestre

El Grupo Municipal Socialista de Ferrol ha reclamado este lunes al gobierno local que realice …