O pleno municipal aproba a conta xeral do Concello correspondente ao 2018

Pleno de organización | Adán Puentes

O pleno municipal de hoxe aprobou, entre outros puntos, a conta xeral do Concello correspondente ao exercicio do 2018 e a prórroga do contrato de servizo de axuda no fogar “polo tempo necesario para a preparación e adxudicación do novo contrato, e como máximo dun ano”.

Os primeiros puntos da orde do día foron a aprobación da acta da sesión anterior e dar conta das resolución ditadas pola alcaldía no período comprendido entre o 15 de agosto e o 13 de setembro.

A proposta de designación dos representantes do Concello na Comisión de Desaugamento da Zona Hidrográfica Galicia Norte (punto 3) foi aprobada por unanimidade.

O punto 4, un expediente de omisión de fiscalización previa de facturas de Urbaser, aprobouse cos votos a favor dos grupos do PSOE e Ferrol en Común (11) e a abstención de PP e BNG (14).

O punto 5, un expediente no mesmo sentido referido á UTE San José-El Ejidillo, aprobouse con igual reparto de voto
O punto 6, a proposta de aprobación da conta xeral do exercicio 2018, aprobouse cos votos a favor de PSOE e Ferrol en Común (11), a abstención do PP (12) e en contra do BNG (2).

O punto 7, un suplemento de crédito polo “incremento de cotizacións á Seguridade Social”, segundo explicou a concelleira de Facenda, aprobouse por unanimidade.

O punto 8, proposta de nomeamento de representantes municipais nos consellos escolares, aprobouse con 23 votos a favor e 2 abstencións (BNG).

O punto 9, a proposta de aprobación da continuidade do contrato do servizo de axuda no fogar, aprobouse cos votos a favor de PSOE, FeC e BNG e a abstención do PP.

O punto 10, dar conta das víctimas mortais por violencia de xénero dende o 1 de xaneiro ata o 18 de setembro.

O punto 11, dar conta da aprobación da declaración institucional en apoio á campaña Emerxencia Feminista, , votouse igualmente e houbo unanimidade.

O punto 12, a toma de coñecemento da sucesión da empresa People Plus Innovatio an todos os dereitos e obrigas da sociedade Optima Facility Services en relación aos contratos do servizo de axuda no fogar, obtivo 11 votos a favor (PSOE e Fec) e 14 abstencións.

O punto 13, unha moción dos grupos de FeC e BNG sobre a declaración da emerxencia climática no Concello de Ferrol, foi aprobada cos votos favorables de PSOE FeC e BNG, mentres que o PP se abstivo.

A continuación votouse o punto 16, unha moción do grupo do BNG relativa á situación laboral en Navantia. A votación dividiuse en dous bloques: por unha banda, os puntos 1, 2 e 3 da moción, para os que houbo unanimidade, e por outra o punto 4, que votaron en contra PSOE e Fec (11), mentres que o PP se abstivo (12) e o BNG votou a favor (2), co que foi rexeitada.

Seguiu o punto 18 da orde do día, unha moción do grupo de FeC en apoio dos doentes de párkinson nas súas demandas de mellora do servizo galego do 065. Houbo unanimidade a favor na votación.

Despois votouse, en dous bloques, o punto 14, unha moción do grupo do PP relativa á adopción de medidas de apoio á actividade comercial en Ferrol, á que o PSOE presentou varias emendas que o PP non aceptou. Os puntos 1 e 2 obtiveron os votos a favor do grupo do PP (12) e en contra dos grupos do PSOE, FeC e BNG (12 por ausencia temporal do alcalde). Desfixo o empate o presidente, o primeiro tenente de alcalde, co seu voto de calidade. Os puntos 3 e 4 lograron o apoio de PSOE, PP e FeC, mentres que o BNG votou en contra.

O punto 15 incluía unha moción do PP relativa ao apoio aos traballadores vinculados á central térmica das Pontes. O PP aceptou incorporar ao documento tres emendas do PSOE. Tamén se votou por puntos. O 1, o 2, o 3 e o 4 aprobáronse con 23 votos a favor e os dous en contra do BNG. Os outros cinco saíron adiante por unanimidade.

Finalmente, no punto 17, unha moción de FeC que instaba á continuación do procedemento de adxudicación de locais en Porta Nova, votaron a favor FeC e BNG (5), en contra o PSOE (8) e o PP abstívose (12).

Lea también

El BNG tilda de “especulativa” la propuesta del PP para la Ponte das Cabras en Ferrol

El BNG de Ferrol ha calificado este martes como una operación “especulativa” la propuesta presentada …