Quén marca a prioridade?

Juan Ángel Sanz Aneiros

Ante a lectura do artigo do 24 de agosto de 2019,en Galicia Ártabra, asinado pola asociación cultural Ferrolterra Antiga: “ Non, non é prioritario”, non poido senon que expresar a miña pena ante a cerrazón patrimonial, que parece existir de por sempre na nosa cidade.

Causame unha profunda dor, como o patrimonio, convertese nunha mera moeda de cambio, para os intereses dun colectivo, sexa o que sexa, no que moitas veces parece estar por encima de todo a política ou o minuto de gloria, en vez de outra clase de criterios de tipo máis técnico, ou simplemente de oportunidade.  Calquer actuación que se pretenda facer sobre o noso patrimonio, debería concebirse nun marco complementario, no que as actuacións non quedasen como meras illas, sen conexión e servisen para complementar un abano de realidades, que permitise presentar unha mellor imaxe da nosa urbe.

A recuperación das baterias de costa, baixo un bon criterio patrimonial, axudaría a complementar a visión do patrimonio militar existente no Ferrol, proxectandoo fora do enclave urban, e conectandoo con outras extructuras coma o Castelo de San Felipe. Dando unha mellor imaxen en conxunto di sua magnitude. Co cal creo que si tendría unha prioridade a remarcar na actuación que calquer corporación tería que facer sobre Ferrol.

Isto non estriba, a que debamos olvidarnos de outros bens, a protexer pero eu iría mais ala, non so a casa natal de Carballo Calero, que de por si, quedaría orfa, senon de unha vez por todas apostar por unha posta en valoración da sua traxectoria e a sua obra, pero quen di o vello profesor, di tamen dá de Torrente Ballester, no eido literio ou Concepción Arenal na loita polo dereito da muller, ou Canalejas no político entre outros.

E triste que haxa moi poucos restos do paso dos persoeiros nados nas nosas ruas, a diferencia de outras urbes coma A Coruña, onde teñen a suas casas museo o as suas fundacións. Non sexamos rañicas, unha
casa de por si non é nada,  circunstancial a defensa dun patrimonio e do que este conleva ebastante mais, miremos cunha mirada mais ampla. E vaiamos sumando, porque protexer unha cousa non e obice para non facelo con outra.

Mentres tanto, pensemos por unha vez abertamente, unámonos na defensa do verdadeiramente importante que a nosa cidade, e non fagamos como sempre os nosos guetos, os nosos reinos de Taifas, intentando botar lixo sobre os outros. Porque o final o triste vai ser que se estamos divididos non saldrá ó final absolutamente nada, por perdernos ante a loita de prioridades. Deixémonos de parceliñas e por unha vez pensemos en conxunto, ainda que algunas das cousas non sexan prioritarias para nos.

Lea también

Finca dos Mares, un lugar inolvidable

José Carlos Enríquez Díaz Una tarde de primavera de esas que en la zona de …