«Un Ferrol natural», nova proposta de Ferrol en Común

Instante de la presentación del programa de Ferrol en Común | Adán Puentes

A nosa riqueza natural é un dos maiores tesouros do municipio. Ferrol é un concello libre de agresións urbanísticas nas zonas costeiras. Unha inmensa fortuna que dende Ferrol en Común queren agradecer o intenso e incansable traballo de entidade como como a SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), Verdegaia ou Adega, «que lograron preservar gran parte do noso patrimonio medioambiental«.

Porén «sufrimos a praga da eucaliptización, proclamándose no mandato 2015 Ferrol coma cidade libre de eucaliptos. Os poucos espazos de fraga autóctona deben ter unha protección especial, a flora e fauna merecen o respecto institucional suficiente que blinde eses espazos privilexiados fronte á depredación da especulación madeirista, urbanística ou de turismo agresivo«.

Con este obxectivo, «cómpre conxugar o traballo do/a técnica de medio ambiente do Concello, coa necesaria cobertura da praza de enxeñeiro forestal, e a activación da patrulla da policía local experta en medio ambiente, xunto cos mecanismos de ordenanzas e regulamentación estrita cun modelo de sancións exemplares, deben ser os mecanismos que sirvan de freo á tendencia a desprezar e espoliar os nosos recursos naturais, coa necesaria colaboración das entidades ecoloxistas da nosa comarca a prol da concienciación da sociedade ferrolá na posta en valor dun planeta saudable, sostible e non agredido«.

O movemento Friday for future, «do que recentemente tivemos un exemplo nas nosas rúas e do que foi partícipe a mocidade ferrolá, supuxo abrir a xanela á esperanza, o compromiso de mozas e mozos de instituto para saír á rúa e berrar contra a contaminación e o cambio climático, deben ser o facho que ilumine a acción de goberno de Ferrol en Común en materia medioambiental«:

Incluír na modificación do PXOM a protección de espazos de especial relevancia ambiental e, en tanto isto non suceda, «incoar o expediente de protección ENIL (Espazos naturais de interese local) para a Fraga de Menáncaro, o Souto de Monte Fontelo, a Fraga da Pega, a Carballeira da Casa do Monte ou o Acivreiral de Covarredeiras. Incluír na protección a flora e a fauna autóctonas«.

Catalogar e inventariar os humidais ferroláns, «como o rego de Doniños ou as turbeiras do Coto de San Xurxo para identificar e protexer cos mecanismos legais autonómicos«.

Erradicación de especies exóticas invasoras. «Articular un plan de erradicación mancomunado para un control efectivo, coa integración nunha mesa sectorial da Xunta de Galicia e as entidades ecoloxistas«.

Recuperación ambiental dos areais de interior (Caranza, praia do Olmo e dos Curas, etc.).

Eliminación do emprego de herbicidas por parte do concello e sustitución destes por métodos mecánicos e/ou biolóxicos non contaminantes.

Realización de cursos formativos de fomento da agricultura ecolóxica, libre de químicos, favorecendo a sustentabilidade e conservación da biodiversidade.

Promover un “Concello Verde” nas instalacións municipais, «e seguir a traballar nos compromisos do decálogo da oficina verde dentro do Programa Ferrol + Sostible.«

Seguir apostando pola Aula de Ecoloxía Urbana «como polo dinamizador, formativo e de sensibilización para nenos e adultos respecto do coidade do medio ambiente, en colaboración cos centros educativos para afondar en valores relacionados co coidado do medio ambiente«.

Establecemento de convenios e programas de colaboración coas entidades ambientais e divulgativas da cidade.

Voluntariado ambiental en colaboración coas entidades ambientalistas e de divulgación neste eido, que conxugue a formación e a acción social.

Doutra banda, «renovamos o noso compromiso co Benestar Animal, sendo como é, Ferrol unha cidade con 10.000 cans rexistrados, un por cada sete habitantes, ademais dos datos domésticos e outras especies e unha cidade libre de circos con animais e touradas. Para isto, xa contamos cunha ferramenta como a Ordenanza de protección animal, aprobada no mandato 15-19, programas exitosos de sensibilización no coidado das mascotas nas escolas como o Canvivindo, en colaboración con Casaga, ou un maior control do refuxio mancomunado de Mougá«.

Ferrol en Común propoñe que a cidade «quere ser amigable, respectuosa cos animais e que garanta espazos de desenvolvemento e liberdade para as persoas e animais nunha convivencia harmónica«, facendo mención a algunhas propostas:

Programa de mellora dos parques para cans, «actuacións dos recintos actuais tanto nos xogos como nos servizos, apertura dun por barrio e crear na enseada da Malata unha gran área recreativa canina, e control de colonias felinas con método CES«.

Plans trimestrais de diversas temáticas vinculadas co benestar animal (adopción, contra o maltrato, campaña de marcación co chip, de coñecemento da canceira, realizar un torneo agility, etc).

Permitir o acceso de mascotas ao transporte público e procurar unha Oficina Municipal de Atención Animal, «que forme, informe e desenvolva programas de adopción, integrando a asociacións protectoras«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …