«É obvio que hai un antes e un despois na cultura na nosa cidade antes e despois do 2015«, según afirman en Ferrol en Común. Entre as «nosas prioridades estivo, está e estará impulso do uso da lingua galega en todos os eidos, desde aplicar estritamente a ordenanza de Normalización Lingüística ate dinamizar actividades culturais de xeito que deran pulo ao uso da lingua en todos os eidos sociais da cidade«, a través de campamentos da lingua como os Galicamp, PequeEduca, Apego, Porta Máxica, Festival Atlántica, os contacontos da Biblioteca Municipal, ademais das moitas desenvoltas coa necesaria colaboración da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra: Ferrol de Frores Cuberto, Teatro con G, Poesía e Imaxe, en Galego sen filtros, Premios Carmela Loureiro,… «que foron punto de apoio transversalizador desde as idades mais temperás pero un eixo común a todas as áreas das nosas políticas desde o Goberno da cidade, pese ás reticencias dos partidos da dereita, que non cren nin na lingua nin na cultura como método de crecemento social e xermolo da masa crítica necesaria para unha democracia sólida«.
O programa de Ferrol en Común para o novo ciclo político 2019-2023, que está a disposición na nosa web www.ferrolencomun.gal aposta por manter, profundar e potenciar o traballo transversal feito en materia de Normalización Lingüística a prol do galego desde todas as frontes:
Potenciar as actividades culturais e festas populares «co consenso cidadá«.
Manter a xestión que permita o maior horario de apertura posible de centros culturais e bibliotecas públicas.
Promoción de grupos, entidades e compañías locais a través de accións específicos como Ferrol a Escena.
Labores formativas a través de talleres e obradoiros públicos en artesanía, alfarería, cerámica, maxia e outros.
Fomento da lectura, a través do apoio á festa do libro e da palabra e outras moitas actividades neste eido.
Apoio a festas populares e tradicionais da zona rural co incremento orzamentario oportuno.
Coordinar con comercio e hostalería a diversificación e descentralización participada das actividades culturais e festivas.
A cultura e o lecer como promotores municipais dunha sociedade inclusiva: «garantía da accesibilidade universal como parte integrante da cultura para a eliminación de todos os obstáculos posibles en museos, centros culturais ou de arte, etc, que fagan posible a práctica e o lecer inclusivo, contando cos recursos humanos e técnicos necesarios e formación aos profesionais que interveñen no deseño, xestión, realización, información e soporte das actividades culturais, recreativas, deportivas e de lecer no coñecemento das persoas con discapacidade e sobre as características e sistemas de accesibilidade«.
Promoción, normalización e colaboración coas entidades como a Coordinadora de Equipas de normalización lingüística «para o uso do galego como lingua vehicular nunha cidade desprotexida e con necesidade dunha discriminación positiva«.
Continuación de iniciativas para a normalización como Galicamp, campamentos infantís, Programa Apego para «socializar o galego dende idades temperás, Roteiros de recuperación da memoria como Ferrol Rebelde ou o Roteiro das Irmandades da Fala«.
Avanzar, como no barrio da Cabana, na adaptación ao galego da toponimia da cidade.
Accións formativas para o uso normal do galego por parte do persoal do Concello.