Un Ferrol para vivir equilibrando dereitos e servizos entre o urbano e o rural, nova proposta de Ferrol en Común

Instante de la presentación del programa de Ferrol en Común | Adán Puentes

Son aproximadamente 7.000 os veciños maiores de idade na zona rural. Son, apenas, o 10% por cento do censo electoral mais ocupando unha extensión territorial que multiplica, e con moito, a zona urbana do municipio. «Esta particularidade deixou nunha zona de confort aos diferentes e sucesivos gobernos municipais, de todo signo político, a excepción dos primeiros anos da democracia cando, e con grande mérito e esforzo, os gobernantes que nos precederon puxeron todo o empeño en levar o saneamento e outros servizos a zona rural«, afirman dende Ferrol en Común.

Este desleixo «converteu á zona rural nun espazo para habitar por cidadanía de segunda, coa mesma tributación pero servizos moi deficitarios, orixinando unha despoboación que non se corresponde cos nosos recursos naturais, que deberan ofrecer un atractivo para asentar poboación neste entorno privilexiado«.

Pero a zona rural non é unicamente transporte, beirarrúas ou saneamento. «Tamén é preservar a memoria, protexer o patrimonio material e inmaterial, que se tratará noutro punto do noso programa, pero non podemos obviar que Ferrol en Común acadou algo histórico, que debe ser pedra de toque para o tratamento do rural: logo de décadas de loita, dun libro negro, de promesas baleiras, este goberno conseguiu unha ordenanza que permitirá aos veciños e veciñas a xestión integral dos Montes do Cha como monte comunal, e poñer en valor zonas como o castro de Esmelle, gracias á leal e persistente colaboración da concellaría correspondente, e ese debe ser o camiño, diálogo e propostas concretas para non categorizar en cidadáns de primeira e de segunda en función do lugar no que vivan de Ferrol«.

As nosas propostas para o novo ciclo político no rural, para 2019-2023:

Reiniciar o programa +Rural, xuntanza mensual do goberno coas AVV da zona rural, «dándolle unha nova perspectiva, máis plural e participada, coa integración doutras entidades sociais, de mulleres e asembleas abertas e participadas, sen constrinximento a materias de servizos e obras puntuais, se non abrindo tamén a temas estratéxicos da zona rural«.

Dotación anual dunha partida de medio millón de euros para o saneamento da zona rural.

Creación dunha unidade policial especializada na zona rural, «con atención especial á vixilancia do mantemento e cumprimento dos requirimentos do concello en materia de conservación de fincas privadas, e dun estrito control da impunidade na actividade salvaxe de certos madeiristas cos viais e medio ambiente«.

Compromiso plenario de aplicar todo o Plan de obras e servizos da Deputación, «próximo ao millón de euros anual, á mellora de infraestruturas da zona rural, tales como aglomerados en viais abandonados, adquisición e mellora de equipamentos, tales como marquesiñas ou bens patrimoniais, como a escola Tomás Serantes ou a pista polideportiva de Mandiá«.

Plan de seguridade para a zona rural. «Cun censo de viarios perigosos, instalación de bandas rugosas e radares, plan de urbanización de vías con beirarrúas, tal e como se fixo en Pazos ou no tramo de Serantes – A Cabana, debatido e construído a través do +Rural«.

Extensión de actividades á zona rural de índole social, cultural, de recuperación da memoria, tecnoloxía e protección do medio ambiente, «como se tratará noutros puntos do programa«.

Control de vertedoiros incontrolados «cunha maior supervisión policial, incremento de sancións acompañado dunha campaña informativa sobre o punto limpo da cidade«.

Desbroce regular coa combinación do actual contrato de desbroces e a dotación de programas de emprego transitorios para novas oportunidades á mocidade «que dean formación e salario mínimo interprofesional, ademais dese servizo imprescindible de mantemento ao longo do ano«.

Facilitar con bonificacións o baleirado de fosas sépticas «a aquelas zonas sen saneamento, ofrecendo a baixo custo os servizos da empresa municipal de augas«.

Favorecer a renovación da vivenda rural e a súa mobilización, «creando bolsas de aluguer a través de servizos públicos municipais integrados na páxina web do concello de Ferrol«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …