A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Igualdade, Teresa Sabio, e Acción Social, Catalina García, desprazáronse aomediodía deste mércores ao domicilio de Eugenio Permuy Rey con motivo do seu centenario. As representantes do goberno local felicitaron a este veciño de Narón no seu cumpreanos e conversaron animadamente con el antes de proceder a entregarlle un agasallo e soprar as velas do seu centenario.
Permuy Rey, natural de As Pontes, leva máis de trinta anos vivindo en Narón. Desde a súa casa do lugar do Camiño, na parroquia de Sedes, recibiu á alcaldesa e ás dúas concelleiras acompañado por dúas fillas, Adela e María del Carmen (o seu fillo Jaime non puido acudir), un xenro e unha das súas netas. Viúvo desde hai cinco anos, Eugenio tivo catro fillos –un faleceu- e ten na actualidade catro netos e outros tantos bisnetos. Recordaba hoxe algunhas das súas vivencias na súa parroquia natal, no Freixo (As Pontes) e tamén as tres décadas que leva vivindo na cidade, sen pasar por alto os tempos do servizo militar da época que lle tocou vivir e tamén da Guerra Civil, donde foi ferido en tres ocasións.
Marián Ferreiro e as edís Teresa Sabio e Catalina García entregárolle unhas prantas e tamén unha tarta na que soprou xunto a elas e parte da súa familia as velas do seu centenario.