El gobierno de Ferrol responde a las críticas del PP sobre la promoción turística

O concelleiro de Turismo, Suso Basterrechea, quixo saír ao paso das críticas realizadas no día de onte desde o PP en relación coa insuficiente promoción turística da cidade afirmando que para o Goberno o turismo é un elemento estratéxico de desenvolvemento pola súa importancia para diversificar a economía da cidade.

Según o goberno, os datos demostran ben ás claras que, lonxe de abandonar as políticas turísticas, a chegada de turistas e visitantes non para de crecer na cidade. Por exemplo, e segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o indicador de noites por destino da comarca de Ferrolterra pasou de 332.581 en 2014 a 394.966 en 2017, o que supón un incremento do 18,8%. Os datos provisionais de 2018 indican que o crecemento no número de noites en destino seguirá aumentando.

En canto á suposta ausencia de material turístico promocional, existen á disposición de turistas e visitantes diversos tipos de folletos nas dúas Oficinas de Turismo da cidade, ademais de na páxina web municipal (https://www.ferrol.gal/Shared/Contidos/16), que cobren todos os principais atractivos da nosa cidade. Especificamente, e a pesares das críticas do PP, existe un folleto centrado especialmente nas praias. Ademais, o concelleiro avanzou que nuns días será presentada unha nova web turística, totalmente renovada e actualizada.

En concreto, os folletos que turistas e visitantes teñen á súa disposición nas Oficinas son os seguintes: “Coñece o Ferrol da Ilustración e navega entre séculos de Historia”, “Visitas Turísticas en Semana Santa 2018”, “Menina de Canido”, “10 razóns para visitar Ferrol”, “Ferrol Urbano & Cultural”, “Ruta da Construción Naval”, “Castelo de San Felipe”, “Ferrol Natural. Praias & Naturaleza”, “Xeodestino Ferrolterra”, así como mapas e rueiros turísticos.

Desde ás Oficinas de Ferrol, ademais, faise un intenso labor de abastecemento de folletos e mapas tanto ás oficinas do resto do Xeodestino como aos aloxamentos turísticos da cidade. É moi habitual, tamén ofrecer información a turistas e visitantes sobres os horarios das diferentes visitas guiadas que hai na nosa cidade, a pesar de que non estén organizadas directamente desde o Concello.

En canto aos horarios das Oficinas de Turismo, do 1 de agosto ao 16 de setembro, o da oficina situada en Ferrol Vello será de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:30 horas, e o da oficina da Praza de España será de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00.

A importancia que este Goberno dá ao turismo queda reflectida, ademais, na súa aposta polo turismo slow e a potenciación do municipio como destino de surf, por exemplo baixo o paraugas de “Costa das ondas”; a crecente importancia do turismo asociado ao Camiño Inglés, lembremos que en 2017 o número de turistas que partiron de Ferrol para facer este Camiño incrementouse nun 14,2% respecto a 2016 e a cifra non para de aumentar; o fomento do turismo industrial; a chegada de cruceiros; a promoción do Ferrol da Ilustración, dentro da cal hai escasas datas se recibiu a visita de destacados e influentes blogueiros de toda España; a aposta polo posicionamento como destino de turismo de congresos, como foi presentado Ferrol este ano en FITUR; o intenso traballo levado a cabo para que Ferrol sexa candidata a Patrimonio Mundial da UNESCO, algo que suporía un respaldo definitivo á cidade; a potenciación da Semana Santa, diversificando as actividades ofertadas durante esta data tan importante; ou o apoio ás Meninas de Canido, iniciativa que se ten convertido nun referente en todo o Estado, entre outras liñas de acción.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …