Este venres inauguración no Pazo da Cultura de Narón da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson»

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este venres, día 18, ás 20.00 h, a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson», un proxecto que é posible grazas á colaboración entre o Concello de Narón, ABANCA e Afundación.

Ao acto de inauguración acudirán a concelleira de cultura do Concello de Narón e vicepresidenta do Padroado de Cultura, M.ª Carmen Espada Cortizas; o coordinador de Negocio Institucional A Coruña de ABANCA, José Manuel Vilariño Orgeira; e a coordinadora Zona Ferrol de Afundación, Tatiana Puente Faraldo.

Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington.

A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o 10 de xuño no Pazo da Cultura de Narón, de luns a sábado en horario de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h.

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …