O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol valorou esta mañá os orzamentos municipais presentados polo goberno de Ferrol en Común e avanzou as propostas de modificación que realizarán coa intención de que sexan asumidas polo goberno local. O obxectivo destas propostas é que diante duns orzamentos, «que son absolutamente retrogrados«, se poida xustificar a súa aprobación coa mellora do investimento público que levan agardando os veciños e veciñas desta cidade durante tantos anos.
Os orzamentos que presenta o goberno de Ferrol en Común «consolidan o austericidio económico iniciado no anterior mandato polo Partido Popular. Non hai un proxecto de futuro, estan exclusivamente orientados a xustificar a politica de austeridade de non se pode gastar máis do que non se ten en detrimento e en perxuízo das maiorias sociais e ademais faise con falsidades e con mentiras«.
O superavit orzamentario que se recolle neste documento de 2,5 millóns de euros, como o endebedamento bruto cero que explica que «aquí hai un obxectivo fundamental que é a contracción do gasto público«. Un obxectivo iniciado polo PP e que Ferrol en Común «leva aplicando ao longo destes 3 anos de goberno e que nos ultimos orzamentos municipais e nos primeiros que presenta se volve a ratificar. Se volve a confirmar o clientelismo como política económica esencial. Un clientelismo que se define a través dunhas subvencións nominativas que superan o millón e medio de euros,e dun incremento do gasto destinado a contratar empresas externas para desenvolver traballos que poden ser desenvolvidos por atraves da administracion publica se fosemos capaces de dotala de persoal para que esto puidera acontecer pero a renuncia a xestión pública dos servizos básicos é outra das características destes orzamentos municipais que teñen como prioridade a privatización e a externalización de servizos básicos para esta cidade cun gasto disparatado para contratar empresas externas mientras existe un cadro de persoal publico insuficiente para resolver os problemas cotiás e as necesidades máis básicas do concello de Ferrol«.
Mentres tanto temos a un Ferrol en Común que igual que o Partido Popular «se mostra sumiso fronte ao resto de administracións públicas que estan a tomar decisións tan lesivas para esta cidade«. Lesivas no que ten que ver co transporte público «para o cal estes orzamentos non propoñen nada«, lesivas ante a regla de gasto «cando onde estes orzamentos contraen ainda máis as posibilidades de gasto reducindo ese gasto neses 2 millóns de euros de superavit que podían adicarse a investimentos publicos«. Sumiso ante ACUAES que «nos cobra por unhas obras de interese xeral e sumiso diante do Ministerio de Defensa que non paga un euro polas propiedades que ten neste concello que ademais pretende facer negocio con propiedades que estan abandonadas«.
En definitiva uns orzamentos «que carecen da minima análise sobre cal é a situación económica e social da cidade para xustificar a política orzamentaria que se asean na política de estabilidade orzamentaria derivada da modificación do artigo 135 da constitución e no que dispara o gasto en externalización, privatización, subvencions a dedo e contracción do gasto público«.
É por iso que o BNG diante do debate destes orzamentos, na comisión do vindeiro luns, traladará a seguinte proposta baseada en 4 ideas:
– O BNG diante da intención do rescate da empresa EMAFESA que fixou como prioridade básica este goberno declarando como créditos ampliables o diñeiro destinado a EMAFESA. Proporá eliminar a declaración de que o diñeiro que se lle vai a pagar a EAMFESA sexa un crédito ampliable, o que fai que a súa ampliación non teña que pasar polo pleno municipal. Trátase de eliminar da base decimoterceira das bases de execución que acompañan ao orzamento municipal a determinación que alí se fai dos custos de depuración como créditos ampliables.
– O BNG propón incorporar o superavit orzamentario como investimento público, cantidade que ascende aos 2 millóns . Esta proposta non é ningun pecado nin se está a incumprir a lei. Seguirase cumprindo o limite de estabilidade presupostaria e significa que esta cidade poderá gastar 2 millóns de euros máis en investimentos e servizos públicos.
Así mesmo propón axustar os custes que se preven pagar a EMAFESA en base aos informes que elaborou o propio goberno local e que afirman que os custes de depuración son de 1,9 millóns de euros, que son os que deben figurar nos orzamentos e non os 2,5 millóns de euros que figuran no borrador. A diferencia destas cantidades, sumado ao superavit situannos diante dunha cantidade de 2,5 millóns que se poden destinar a investimentos públicos que se poderían incluir nestes orzamentos municipais e que seria a cuarta proposta do BNG
– Que se incorporen estes 2,5 millóns de euros para desenvolver 3 proxectos concretos que teñen a unanimidade dos grupos municipais e que pretenden evitar que este goberno continue a enganar a xente, deixe de mentirlles nos plenos municipais e se comprometa a desenvolver aquelo que aprobou nos plenos:
A pasarela de Santa Mariña e o muro de contención da rúa Loureiro, despois de solicitar a execución subsidiaria ao Ministerio de Fomento, o mercado de Caranza e a pista polideportiva de Mandiá. Estan a falar de que a paserela de Santa Martiña aprobouse no pleno unha dotación de 1 millón de euros, o mercado de Caranza outro millón (950.000 € ) e a pista de Mandiá, que ainda que non ten dotación economica determinada, entre o superavit e os axustes da taxa de depuración habería unha cantidade económica suficiente para desenvolver este proxecto aínda restaría diñeiro para acometer a reforma dalgúns dos edificios de Recimil que creen que é outro proxecto absolutamente necesario e que conta con unanimidade plenaria.