Ferrol acolle, de maio a xuño, unha morea de actividades ligadas a rede Apego, un programa colectivo creado do que forma parte o Concello de Ferrol xunto a outros tantos municipios do país para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Apego naceu a iniciativa dos coordinadores de Normalización Lingüística e vai dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos, e as súas familias coa vontade de proporcionar ferramentas que sosteñan e arroupen a crianza en galego.
O concelleiro de Normalización Lingüística e Participación, Álvaro Montes, presentaba este venres en rolda de prensa o programa do Mes das Letras de Apego para maio e xuño do 2018, cun total de sete actividades diferentes (8, 12, 15, 22 e 29 de maio) e (12 e 19 de xuño) que adondan na educación en igualdade desde idades moi temperás, con propostas como vellos contos con novos finais, e tamén na importancia do xogo tradicional con charlas para familias,
No programa figuran espectáculos musicais como Radio Bule Bule, de 0 a 3 anos, e que abre o telón o 8 de maio as 18:30 horas; un contacontos centrado na figura de Victoria Moreno, co gallo do Día das Letras Galegas, o sábado 12 de maio as 12:30 horas; ‘Contos Vellos, Novos Finais’, o martes 15 as 18:30 horas.
A entradas nestes tres eventos é libre e será por orde de chegada ate completar a capacidade da capela do Centro Cultural Torrente Ballester, que será o escenario que as acolla agás nas actividades que requiren preinscrición, por teren as prazas limitadas. Para anotarse, hai que enviar un correo cos datos persoais a gnl@ferrol.es
As propostas de Apego que requieren de preinscrión (iPre) son ‘Fálame moito e ben’, un obradoiros para familias (de 0 a 6) o 22 de maio; ‘Xogamos’, sobre o xogo tradicional para familias de nenos de 1 a 6 anos, o 29 de maio, ¡Contacontos de Pablo Díaz e concerto!, de 0 a 4 anos, o 12 de xuño; e Percubebés, de Urdime, percusión en concerto para nenos de 0 a 4 anos de Marcelo Dobode e Bea Martínez, con dous pases as 18:00 e as 19:00 horas o 19 de xuño.